miniatura|Tumba do neno Henry Woodford con dúas lápidas.
miniatura|Tumba do neno John Henry Woodford
Edmund Woodford, nado en Lambeth (Surrey) o 13 de agosto de 1891Censo Civil Parish of Lambeth, 1871 e finado en Vigo o 7 de decembro de 1966, foi un relixioso evanxélico inglés. Traxectoria Naceu no seo dunha familia anglicana. A súa avoa materna líalle historia da Biblia, mais os seus pais non eran moi practicantes. Por comodidade, con sete anos comezou a asistir a unha igrexa evanxélica, levado pola súa irmá, porque quedaba máis preto de casa que a igrexa anglicana. Con doce anos solicitou ser bautizado por inmersión, pero os seus pais non estiveron de acordo e tivo que esperar a cumprir a maioría de idade, os 21 anos.
Traballou para o Concello na Comisión Gobernamental de Obras Benéficas. En 1917, durante a primeira guerra mundial, foi obxector de conciencia, perdendo o seu emprego e obrigado a traballos forzados dous anos en prisión. Superados os problemas pola obxección de conciencia tivo a opción de recuperar o seu posto de traballo, pero en 1919, con 28 anos, decidiu ir a España como misioneiro.
Os seus coñecementos en asuntos legais déronlle a habilidade para intervir con éxito en moitos dos atropelos que sufría a Igrexa evanxélica en Galicia, onde estableceu a súa residencia, primeiro en Marín, onde coñeceu á que sería a súa esposa, Elena Barker, que vira de Inglaterra dez anos antes, como misioneira, con 18 anos de idade. Casaron o 2 de xaneiro de 1922, pola mañá tivo lugar a cerimonia oficial no Consulado Británico en Vigo e pola tarde a cerimonia relixiosa na igrexa evanxélica de Marín.
Tiveron 4 fillos, un dos cales faleceu aos 5 meses debido a que intencionadamente a muller que lles fornecía o leite fíxolle unha entrega en mal estado, como confesou posteriormente. O bebé foi enterrado no cemiterio de Muíños. A súa tumba foi violentada e hoxe permanece o testemuño diso xa que posúe dúas lápidas, unha delas rota.
En 1922 comezaron a visitar as montañas de Ourense, ao redor de Celanova, polo interese dos veciños. Terminarían residindo alí, abrindo igrexas nunha decena de aldeas, non sen experimentar múltiples dificultades debido á oposición do clero. Alí estableceu contacto con Pepín Alemañy e outros como Celso Emilio Ferreiro e Xosé Velo, que simpatizaron con el, aínda que os seus ideais eran outros. En Celanova o alcalde, masón, propietario dun hotel, cedeulle un lugar para reunións. En varias ocasións (Faro de Vigo, 27/07/2009 e 29/10/2016) escribiu sobre el Xosé Luís Méndez Ferrín, porque o seu pai coñecía ben a Edmund Woodford.
Exerceu como superintendente da Sociedade Bíblica Escocesa, cuxa misión era apoiar e supervisar o labor dos colportores da devandita Sociedade. Os colportores eran vendedores ambulantes da Biblia ou porcións da mesma, polos pobos de Galicia.
En 1938, durante a guerra civil española, os Woodford víronse obrigados a trasladarse a Vigo, onde se fixeron cargo da igrexa evanxélica, visitando á vez outros lugares de Galicia.
Foi cofundador dun fondo nacional para o sostemento dos pastores españois, en 1949; cofundador dos Campamentos de verán en Vilar (Silleda) en 1950, é cofundador dun fondo para a construción de locais de culto evanxélico, en 1956.
O 4 de novembro de 1966 faleceu a súa muller, Elena, e ao mes seguinte faleceu el mesmo. Foron soterrados no cemiterio de Pereiró.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Nados en Inglaterra