Amante Pereiro Bernárdez, nado en Tameiga (Mos) cara a 1896, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Veciño de Pereiras. Presidente da Sociedade de Aserradores e Oficios Varios de Mos dende 1923.Galicia, 15-3-1923, p. 1. Militante do PSOE, na Segunda República foi concelleiro de Mos.La Hora, 30-12-1933, p. 2. Foi detido a principios de febreiro de 1934 acusado de inxurias ao presidente do consello de ministros nunha sesión municipal.El Pueblo Gallego, 7-2-1934, p. 2. Con motivo da súa detención produciuse unha folga no Porriño,La Voz de Galicia, 10-2-1934, p.9.La Voz de la Verdad, 11-2-1934, p. 4. e Amante foi posto en liberdade uns días despois por orde do gobernador civil.El Pueblo Gallego, 15-2-1934, p. 10. Recibiu dúas homenaxes populares o 18 e o 25 de febreiro de 1934.El Pueblo Gallego, 21-2-1934, p. 11.El Pueblo Gallego, 3-3-1934, p. 4.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Preventiva de Vigo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 6 de outubro acusado de rebelión militar por participar na requisa de armas e automóbiles,El Diario de Pontevedra, 6-10-1936, p. 2. foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena no Forte de San Cristovo, onde ingresou o 22 de febreiro de 1937. O 25 de abril de 1939 foi trasladado á Prisión de Figueirido. Conmutada a pena por 3 anos e 8 meses de prisión, saíu en liberdade o 10 de agosto de 1940.

Vida persoal

Casou con Peregrina Grova.El Pueblo Gallego, 8-5-1934, p. 15.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Base de datos de concelleiros represaliados

Categoría:Concelleiros de Mos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mos

Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en ano descoñecido