miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Guinea-Bissau, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Guinea-Bissau aceptou a convención o 28 de xaneiro de 2006, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista. Dende o ano 2025, hai un sitio Patrimonio da Humanidade en Guinea-Bissau, os ecosistemas costeiros e mariños do arquipélago dos Bijagós-Omatí Minhô.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: departamentos de Guinea-Bissau Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Ecosistemas costeiros e mariños do arquipélago dos Bijagós-Omatí Minhô200px|Arquipélago dos Bijagós 2025 1431; ix, x (natural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país