Os sakizayas (nome nativo: sakuzaya, literalmente "homes reais", en chinés mandarín: 撒奇萊雅族; en pinyin: Sāqíláiyǎ; ocasionalmente chamados sakiraya ou sakidaya) son un pobo aborixe taiwanés cunha poboación aproximada de 1.000 persoas. Viven principalmente no condado de Hualien (antes chamada Kiray), onde se centra a súa cultura.
Os sakizaya fan parte dos pobos austronesios, cos cales comparten ligazóns culturais, lingüísticas e xenéticas.
Tradicionalmente practican o culto aos devanceiros, que inclúe a adoración de panteóns de deuses e espíritos ancestrais, aínda que a meirande parte deles son cristiáns. As súas sociedades son maioritariamente matrilineais, polo que as mulleres xeralmente ostentan a autoridade.
O 17 de xaneiro de 2007, o goberno taiwanés recoñeceu a comunidade como un grupo étnico distinto. Anteriormente estaban clasificados como amis, un grupo étnico distinto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua sakizaya