Aristóxeno (en ), nado en Tarento no século -IV, foi un filósofo peripatético grego e un importante teórico musical. A súa obra Elementos de harmonía é a principal fonte do noso coñecemento actual da música da antiga Grecia.
Traxectoria Na súa infancia estudou música seguindo a tradición familiar. Foi instruído polo seu pai, Espíntaro, un filósofo e músico que fora alumno de Sócrates, e máis tarde estudou teoría musical con Lampro de Atenas e Xenófilo, o filósofo pitagórico, e finalmente converteuse en discípulo de Aristóteles. Parece que se decepcionou moito cando, á morte de Aristóteles foi Teofrasto, e non el, o que se converteu na cabeza da escola peripatética.Aristoxenus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 344.
Escribiu unhas 453 obras ao estilo de Aristóteles, sobre temas de filosofía, ética e música, e tamén biografías de Platón e Pitágoras. A tendencia empírica do seu pensamento reflíctese na teoría de que a alma está relacionada co corpo dun xeito similar á harmonía que rexe as partes dun instrumento musical. Non temos probas do método que empregou para chegar a formular esta teoría.Theodor Gomperz, Greek Thinkers, Eng. trans. 1905, vol. iii. p. 43.
Aristóxeno argumentaba que as notas da escala musical non debían afinarse mediante razoamento matemático, como afirmaban os pitagóricos, senón mediante o sentido do oído. As únicas obras de Aristóxeno que se conservan son tres libros dos Elementos de harmonía, un tratado musical incompleto, e un fragmento de cinco columnas que forma parte dun tratado sobre o ritmo.Grenfell and Hunt's Oxyrhynchus Papyri (vol. i., 1898).
Notas
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Historia da música Categoría:Personalidades de Tarento na Antigüidade