miniatura|230x230px|Imaxe dunha bucina da duodécima edición da Enciclopedia Británica. esquerda|miniatura|200x200px|Mosaico de 200 con dous bucinadores sentados. A bucina (en latín būcina ou būcinum) foi un instrumento musical de vento empregado polo exército romano. Orixinalmente era un tubo metálico estreito duns 3,5 metros de longo, que se facía soar grazas a unha boquilla cónica.
O tubo enrolábase sobre si mesmo, dende a boquilla ata o amplificador de son, en forma dun gran "C". A estrutura podía reforzarse cunha barra transversal que abarcaba a curva, que se usaba para lle dar máis estabilidade ao instrumento, mentres que o tubo sonoro se curvaba cara arriba ata descansar por riba da cabeza ou do ombreiro do músico.
Empregábase para facer varios sinais no campamento, como sinalizar quendas. Este instrumento é o predecesor da trompeta e do trombón. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Instrumentos de vento-metal Categoría:Exército romano