A Porta dels Països Catalans, obra do escultor Emili Armengol, marca o inicio dos Países Cataláns no concello de Salses-le-Château (Cataluña do Norte).

Atópase moi pretoLa Porta dels Països Catalans en els ortofotomapes de l'IGN da autoestrada A9 (A9), mais non propiamente no lugar que lle correspondería, senón case catro quilómetros dentro das terras catalás.

Despois de máis de vinte anos dende o inicio do proxecto, a Porta dels Països Catalans (iniciativa militante e cidadá; non apoiada e oficialmente e freada –ou prohibida– segundo os anos e as persoas), que se pode ver pasando pola autoestrada, foi inaugurada o domingo 28 de setembro do 2003, ó norte de Salses-le-Château. A súa concepción e execución foi obra da Unió per una Regió Catalana, impulsada por Armand Samsó.

A vista aérea do monumento semella unha fouce, aludindo claramente á canción de Els Segadors.

O característico portal da masía catalá, representado por unha grande arcada de aceiro, é a idea xeral da peza. Vese atravesado por catro cortes verticais dispostos coma o aire entre os dedos dunha man, alegoría das catro barras da senyera catalá. Estas incisións, ou portas, feitas en aceiro inoxidábel, están orientadas de tal maneira que permiten o paso de calquera dirección da rosa dos ventos «para simbolizar a nosa actitude respectuosa e de acollida a persoas e culturas de todo o mundo». (en paraules dels responsables)

Notas

Categoría:Cataluña do Norte Categoría:Obras escultóricas