Steven Robert Roach, tamén coñecido como Steve Roach, nado o 20 de marzo de 1980, é un editor numismático estadounidense.
Traxectoria Steve Roach cursou os seus estudos superiores na Universidade de Míchigan, onde se graduou en Historia da Arte e Estudos Organizativos,"Two New Members Appointed to Citizens Coinage Advisory Committee". United States Mint (Usmint.gov). 29 de febreiro de 2016. e posteriormente acadou o seu doutoramento en Dereito pola Universidade Estatal de Ohio, en 2006.Smith, P. (2025). É membro da Sociedade Internacional de Taxadores."Steve Roach. Editor-at-Large". CoinWorld.com
Traballou para as casas de poxas Christies, Spink-America e Heritage Auctions Galleries,"Steven Roach Joins Heritage Auction Galleries!". Heritage Auctions (Coins.ha.com). 19 de setembro de 2006. e foi director de márketing de Numismatic Guarantee Corporation."Steve Roach Joins the Certified Collectibles Group". Numismatic Guaranty Company (NGCcoin.com). 9 de outubro de 2008
Roach tamén exerceu como avogado e dirixiu unha consultoría especializada en belas artes europeas e americanas, e moedas raras.
O labor máis salientable de Roach céntrase no campo editorial no ámbito da numismática. Na revista temática Coin World ingresou en 2006 como redactor da columna «Inside Collecting»; a partir do 19 de xaneiro de 2009 actuou como editor asociado desta publicación, en 2012 foi ascendido a editor e en 2015 a editor xeral.
No período 2016-2017, Steven Roach foi membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos."Citizens Coinage Advisory Committee Welcomes Two New Members". 23 de marzo de 2016. Donaldscarinci.com
Recoñecementos
1997: Numismático Xuvenil Destacado do Ano, da American Numismatic Association (ANA)."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1997: Premio Bill Fivaz, da Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA)."Literary Awards and Recognitions": Conecaonline.org 1999: Premio Bill Fivaz (CONECA)."Literary Awards and Recognitions": Conecaonline.org 2015: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).Harper, D. (2016). "Ambassador Awards given at FUN". En Numismatic News. 8 de xaneiro. 2016: Premio Adna G. Wilde Jr. Memorial (ANA). 2016: Premio Glenn Smedley Memorial (ANA). 2024: Premio ao Mérito (ANA).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Smith, P. (2025). "Roach, Steven Robert". En American Numismatic Biographies. Páxina 361.
Ligazóns externas
Vídeo: Steve Roach, de Coin World, fala con Vicken Yegparian sobre o dólar Flowing Hair de 1794 Vídeo: Steve Roach, de Coin World, fala sobre poxas con Melissa Karstedt Vídeo: O editor de Coin World, Steve Roach, comparte novas
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Editores Categoría:Personalidades sen imaxes