David Jay, nado o 24 de abril de 1982, é un activista asexual estadounidense. Fundou a Asexual Visibility and Education Network (en ), a máis coñecida das comunidades asexuais establecidas dende os comezos da web e as redes sociais.

Traxectoria David Jay naceu en St. Louis, Missouri. Graduouse da Crossroads College Preparatory School no ano 2000. Con 15 anos, comezou a considerarse asexual, saíndo do armario namentres estudaba na Universidade Wesleyana de Connecticut. Frustrado pola carencia de recursos dispoñibles sobre a asexualidade, en 2001 creou a páxina web da AVEN. Dende entón, converteuse nunha figura preeminente do movemento asexual, aparecendo en varios programas de televisión, incluíndo o documental de Arts Engine (A)sexual, de 2011.

A AVEN é recoñecida como a meirande comunidade asexual en liña. A data do 17 de xuño de 2013, conta con arredor de 70.000 usuarios rexistrados.

Jay forma parte dunha familia non romántica de tres pais, que entende como unha influencia da súa identidade asexual.

Publicacións How Moving From Transactional to Transformational Relationships can Reshape Our Lonely World (2024).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Activistas LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Asexualidade