miniatura|Tipos de vasos sanguíneos, incluíndo unha arteríola e arteria, así como capilares. Unha arteríola é un vaso sanguíneo de pequeno tamaño da microcirculación que sae e se ramifica dunha arteria e chega aos capilares.
As arteríolas teñen paredes musculares (xeralmente só dúas capas de células musculares lisas, ás veces unha) e son o primeiro lugar de resistencia vascular. O maior cambio na presión arterial e da velocidade do sangue ocorre na transición entre as arteríolas e os capilares. Esa función é extremadamente importante porque impide que os delgados capilares con paredes dunha soa capa rebenten debido á presión. As arteríolas conseguen esta diminución da presión, xa que son o lugar coa maior resistencia (un gran contribuínte á resistencia periférica total) que se traduce nunha gran diminución da presión.
Estrutura As arteríolas teñen diámetros que van desde 300 microns ata menos de 50. A túnica íntima consta dun endotelio, unha fina lámina basal e unha capa subendotelial cunhas poucas fibras. A elástica interna é delgada e fenestrada e está ausente nas arteríolas terminais. A túnica media pode ter dúas capas de células musculares lisas nas arteríolas grandes, pero normalmente ten unha soa capa en espiral. A adventicia consta de tecido conxuntivo laxo con algún fibroblasto e macrófago e nervios amielínicos.D. W. Fawcett. Tratado de Histología. 11ªed. Interamericana-McGrow Hill. Madrid. 1987. Páxinas 375-376. ISBN 84-7605-361-4.
Nun sistema vascular san, o endotelio tapiza todas as superficies en contacto co sangue, como as das arterias, arteríolas, veas ,vénulas e capilares, así como as cámaras do corazón. Esta condición sa é promovida por unha ampla produción de óxido nítrico polo endotelio, que require unha reacción bioquímica regulada por un complexo balance de polifenois, varias encimas sintase do óxido nítrico e L-arxinina. Ademais, hai unha comunicación química e eléctrica directa por unións comunicantes entre as células endoteliais e o músculo liso vascular.
Fisioloxía Presión arterial A presión arterial nas arterias que regan o corpo é o resultado do traballo necesario para bombear o gasto cardíaco (o fluxo de sangue bombeado polo corazón) contra a resistencia vascular, ás veces denominada resistencia periférica total. Un incremento na proporción entre a túnica media e o diámetro luminal foi observado en arteríolas hipertensivas (arteriolosclerose) a medida que a parede vascular se engrosa ou o diámetro luminal decrece.
A flutuación ascendente e descendente da presión arterial débese á natureza pulsátil do gasto cardíaco e está determinado pola interacción do volume sistólico fronte ao volume e elasticidade das arterias maiores.
A diminución da velocidade de fluxo nos capilares aumenta a presión arterial, debido ao principio de Bernoulli. Isto induce os gases e nutrientes a moverse desde o sangue ás células, debido á presión osmótica máis baixa fóra dos capilares. O proceso oposto ocorre cando o sangue abandona os capilares e entra nas vénulas, onde a presión arterial cae debido a un incremento da velocidade de fluxo. As arteríolas reciben innervación do sistema nervioso autónomo e responden a varias hormonas circulantes para regular o seu diámetro. Os vasos retinais carecen de innervación simpática funcional.
Autorregulación O diámetro arteriolar varía de acordo coa autorregulación de órganos ou tecidos para manter suficiente fluxo sanguíneo a pesar dos cambios de presión por vía metabólica ou factores mioxénicos que inclúen o estiramento, nivel de dióxido de carbono e oxíxeno entre outros factores.Johnson, P. C. (1986). Autoregulation of blood flow. In Circulation Research (Vol. 59, Issue 5, pp. 483–495). Ovid Technologies (Wolters Kluwer Health). https://doi.org/10.1161/01.res.59.5.483 Xeralmente, a norepinefrina e a epinefrina (hormonas producidas polos nervios simpáticos e a medula da glándula adrenal) son vasocontritoras e actúan sobre os receptores alfa 1-adrenérxicos. Porén, as arteríolas do músculo esquelético, músculo cardíaco e a circulación pulmonar vasodilátanse en resposta a estas hormonas cando actúan sobre os receptores beta-adrenérxicos. Xeralmente, o estiramento e unha tensión alta de oxíxeno incrementan o ton, e o dióxido de carbono e o pH baixo promoven a vasodilatación. As arteríolas pulmonares son unha notable excepción, xa que se vasodilatan en resposta ao oxíxeno alto. As arteríolas cerebrais son especialmente sensibles ao pH, de tal xeito que a redución de pH promove a vasodilación. Varias hormonas inflúen no ton das arteríolas, como a anxiotensina II (vasoconstritora), endotelina (vasoconstritora), bradicinina (vasodilatadora), péptido natriurético autricular (vasodilatador) e a prostaciclina (vasodilatadora).
Importancia clínica Os diámetros das arteríolas diminúen coa idade e coa exposición á contaminación do aire.
Doenzas miniatura|299x299px|Diminución do diámetro das arteríolas. Calquera patoloxía que constrinxe o fluxo sanguíneo, como a estenose, incrementa a resistencia periférica total e leva á hipertensión arterial.
Arteriosclerose A arteriolosclerose é o endurecemento das paredes arteriais. Isto pode deberse á diminución da produción elástica de fibrinóxeno, asociado co envellecemento, ou hipertensión arterial ou condicións patolóxicas como a aterosclerose.
Arterite
A arterite das arteríolas ocorre cando as paredes da arteríola se inflaman como resultado dunha resposta inmunitaria a unha infección ou unha resposta autoinmune.
Medicación A contracción muscular das arteríolas trátase con fármacos que baixan a presión arterial (antihipertensivos), por exemplo as dihidropiridinas (nifedipina e nicardipina), que bloquean a condutancia de calcio na capa muscular das arteríolas, causando relaxación. Isto diminúe a resistencia a fluír nas redes vasculares periféricas, rebaixando a presión sistémica global.
Metaarteriolas
Unha metaarteríola é unha arteríola que une arteríolas e capilares que ten células musculares que poden funcionar como esfínteres que reducen o fluxo sanguíno á rede de capilares.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Vénula Microcirculación
Categoría:Anxioloxía Categoría:Sistema circulatorio Categoría:Vasos sanguíneos