Nós Mesmashttps://nosmesmas.org/quensomos é unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Vigo, creada en 2008.https://www.20minutos.es/noticia/414736/0/asociacion/lesbianas/vigo O colectivo traballa desde unha perspectiva transfeminista, co obxectivo de promover a visibilidade e os dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, persoas trans e non binarias.
A organización actúa como espazo seguro e de apoio mutuo, https://nosmesmas.org/actividades combinando o activismo social e político cun enfoque participativo e horizontal. A súa acción céntrase na defensa da diversidade afectivo-sexual e de xénero, entendida como parte esencial dos dereitos humanos.
Ao longo da súa traxectoria, desenvolveu programas de acompañamento, educación e sensibilización social, así como campañas e obradoiros dirixidos a centros educativos e colectivos xuvenís. En 2024 rexistráronse máis de 4.000 participantes en actividades formativas e máis de 500 atencións individualizadas.https://drive.google.com/file/d/1mPEzmv-ZrrE5OF06ZGeAM5UP7FHJwkZV/view
Nós Mesmas forma parte da FELGTBI+ e, xunto con Avante LGBT+, organiza o Orgullo Crítico da cidade de Vigo.https://cadenaser.com/galicia/2025/05/29/nos-mesmas-y-avante-lgtb-presentan-la-programacion-del-orgullo-critico-en-vigo-radio-vigo
Notas
Categoría:Activismo LGTB Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:LGBT en Galicia