Adrián del Castillo Soutelo, coñecido como Adriano ou Chacón, nado na Coruña o 1 de marzo de 1906 e asasinado en Hartheim, Austria, o 24 de setembro de 1941, foi un refuxiado galego deportado ós campos de concentración nazis. miniatura|200px|Stolperstein en memoria de Adrián del Castillo Soutelo no 169 da rúa de San Andrés da Coruña.
Traxectoria Afiliado da CNT, membro do Partido Sindicalista e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu fuxir xunto a outros 17 evadidos o 5 de xullo de 1937 nos vapores Rita Esperanza, Lourdes, Fragio I e Fragio II, agochados nas carboeiras e que lograron asaltar coa colaboración dalgúns tripulantes. Arribaron en Brest (Francia) para pasar deseguido á zona republicana.
Trala conclusión da guerra civil española exiliouse en Francia, foi capturado polo exército alemán e encarcerado primeiro no Stalag VIII C, en Zagan (Polonia), e logo enviado ó Stalag XII D, en Trier (Alemaña). O 25 de xaneiro de 1941 ingresou no campo de concentración de Mauthausen e foi despois enviado ó campo de concentración de Gusen. Trasladárono ó castelo de Hartheim, onde foi asasinado na cámara de gas o 24 de setembro de 1941.
Vida persoal Seu pai, Gabino del Castillo, era natural de Peñalver (Guadalaxara) e súa nai, Manuela Soutelo Vázquez, era nativa da Coruña. Os primeiros anos da súa vida viviu no número 169 da rúa de San Andrés, onde naceu, con súa nai, a avoa e mais dous tíos maternos. En 1924, aínda en etapa estudantil, trasladouse a vivir coa familia de Dolores Núñez García e os seus fillos, no número 193 da rúa do Orzán.
Recoñecementos O concello da Coruña colocou no ano 2023 unha Stolperstein na súa memoria ó pé do seu domicilio na rúa de San Andrés.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Sindicalistas da CNT