O hámster dourado Acepción 3: hámster dourado. ou hámster sirio (Mesocricetus auratus) é un roedor pertencente á subfamilia dos hámsteres, Cricetinae. Musser, G. G.; Carleton, M. D. (2005). "Superfamily Muroidea". In Wilson, D. E.; Reeder, D. M. (eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. p. 1044. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. A súa distribución xeográfica natural é a rexión árida do norte de Siria e sur de Turquía. As súas poboacións estiveron diminuíndo na natureza debido á perda de hábitat causada pola agricultura e a eliminación deliberada polos humanos. Así, a IUCN considera agora os hámsteres dourados silvestres en perigo. Porén, os programas de crianza en catividade están ben establecidos e proporcionan os hámsteres que se teñen como mascotas. Tamén se usan como organismo modelo para a experimentación científica.
Os hámsteres dourados son máis grandes que moitos dos hámsteres ananos que se usan como mascotas (ata cinco veces máis grandes), se ben o hámster común europeo Cricetus cricetus silvestre é aínda máis grande.
Características
miniatura|Cranio dun hámster dourado Os hámsteres dourados adultos poden chegar aos 18 cm de longo. As femias adoitan ser máis grandes que os machos, cunha masa corporal de arredor 100–150 g e unha duración da vida de 1,5-2 anos. Os hámsteres dourados procedentes de criadores privados poden pesar entre 175 e 225 g.
miniatura|esquerda|Hámster dourado enchendo as bolsas das fazulas con alimentos. Como a maioría dos membros da súa subfamilia, o hámster dourado ten unhas bolsas nas fazulas extensibles, que se poden estender desde as meixelas aos ombreiros. Na natureza, os hámsteres son almacenadores de alimentos en despensas; usan as bolsas das meixelas para transportar a comida aos seus tobos. De feito, o seu nome no dialecto árabe local onde viven silvestres pode traducirse aproximadamente como "señor alforxa" (en árabe أبو جراب) debido á considerable cantidade de espazo para o almacenamento das súas bolsas das meixelas.
As femias sexualmente maduras chegan ao celo (estro) cada catro días. Os hámsteres dourados e outras especies do xénero Mesocricetus teñen o período de xestación máis curto de todos os mamíferos placentarios, de só 16 días. A xestación nalgúns casos rexistrados foi de ata 21 días, pero isto é raro e case sempre resulta en complicacións. Poden producir grandes camadas de 20 crías ou máis, aínda que a media está entre 8 e 10 crías. Se a nai hámster non é experimentada ou se sente ameazada, pode abandonar ou comer as crías. A femia entra no estro case inmediatamente despois de dar a luz, e pode quedar preñada a pesar de estar xa criando.
Descubimento miniatura|esquerda|Macho posto de pé sobre as patas de atrás. Os hámsteres dourados orixináronse en Siria e foron descritos por primeira vez na segunda edición de 1797 da obra The Natural History of Aleppo (A historia natural de Alepo), escrita e editada por dous médicos escoceses que vivían en Siria. Foi recoñecido como especie distinta en 1839 polo zoólogo británico George Robert Waterhouse, que o nomeou Cricetus auratus ou "hámster dourado". A pel do espécime holotipo gárdase no Museo de Historia Natural de Londres. miniatura|Hámster dourado de cor amarela En 1930, Israel Aharoni, un zoólogo e profesor da Universidade Hebrea de Xerusalén, capturou unha hámster nai coas crías en Alepo, Siria. Estes hámsteres foron criados en Xerusalén como animais de laboratorio. Os descendentes dos hámsteres en catividade foron enviados en barco a Gran Bretaña en 1931, onde quedaron ao coidado do Wellcome Bureau of Scientific Research. Estes e dúas parellas máis foron enviados á Sociedade Zoolóxica de Londres en 1932. Os descendentes destes pasaron a criadores privados en 1937.
En 1946, Albert Marsh empezou o primeiro negocio de cría comercial de hámsteres, chamado Gulf Hamstery, para promover o hámster dourado sirio como mascota e animal de laboratorio.
Un stock separado de hámsteres foi exportado de Siria aos Estados Unidos en 1971, pero os estudos de ADN mitocondrial estableceron que todos os hámsteres dourados domésticos son descendentes dunha soa femia, probablemente a capturada en 1930 en Siria.
Desde que se nomeou a especie, o xénero orixinal Cricetus foi subdividido e esta especie (xunto con outras) clasificouse separada no xénero Mesocricetus, creándose o nome científico actualmente aceptado para o hámster dourado de Mesocricetus auratus.
Comportamento miniatura|Macho de hámster dourado de pelo longo. É unha especie solitaria, moi territorial e intolerante con outros individuos; os ataques entre eles son comúns. Hai excepcións, xeralmente cando se encontran unha femia e un macho en período de celo, pero mesmo así, a femia pode atacar o macho despois de aparearse. En catividade, as crías son separadas das súas nais e por sexos ás catro semanas, xa que son sexualmente maduros con só catro ou cinco semanas de vida. Os grupos de irmáns do mesmo sexo poden permanecer xuntos ata que teñen unhas oito semanas, momento en que se volven territoriais e loitan entre eles, ás veces ata a morte. O infanticidio non é raro entre as femias. En catividade, poden matar e comer as crías sas como resultado de que estas interaccionen con persoas, xa que calquera cheiro alleo é tratado como unha ameaza. As femias tamén comen as crías que morren na natureza.
Marcan os tobos onde se refuxian con secrecións dunha glándula especial das súas cadeiras chamada glándula dos flancos. Os hámsteres macho lamben os seus corpos preto desas glándulas, creando puntos húmidos na pelame, despois rozan os seus flancos en obxectos para marcaren o seu territorio. As femias tamén usan secrecións corporais e feces.
Supervivencia na natureza Segundo a colección de 1930 do profesor Aharoni, só se informaron de avistamentos e capturas infrecuentes na natureza. Finalmente, para confirmar a existencia actual do hámster dourado no norte de Siria e sur de Turquía, leváronse a cabo dúas expedicións en setembro de 1997 e marzo de 1999. Os investigadores atoparon e mapearon 30 tobos. Ningún dos tobos habitados contiña máis dun adulto. O equipo recolleu seis femias e sete machos. Unha femia estaba preñada e deu a luz a seis crías. Todas estes 19 hámsteres dourados recollidos, xunto con tres individuos silvestres da Universidade de Alepo, foron enviados a Alemaña para formar un novo stock de crianza.
As observacións de femias nesta poboación silvestre revelaron, ao contrario que nas poboacións de laboratorio, este padrón de actividade son crepusculares e non nocturnos, posiblemente para evitar predadores nocturnos como os bufos.
Como animais de experimentación Os hámsteres dourados son utilizados como modelo humano de condicións médicas como varios cancros, doenzas metabólicas, doenzas respiratorias non cancerosas, doenzas cardíacas, doenzas infecciosas e cuestións xeral de saúde. En 2006 e 2007, os hámsteres dourados supoñían o 19 % do total de animais de experimentación cubertos pola Lei de Benestar Animal nos Estados Unidos. miniatura|300px|Vídeo que mostra a forma de andar dun hámster criado para o laboratorio visto desde abaixo|center
Un exemplo: os Rocky Mountain Laboratories usaron hámsteres dourados para investigar a transmisión de enfermidades. O SARS-CoV-2 transmítese eficientemente nos hámsteres dourados.
Como mascotas miniatura|Un hámster dourado escoitando desde a súa roda de exercicios miniatura|Unha femia xove o hámster dourado en venda nunha tenda de mascotas nos Estados Unidos.
Os hámsteres dourados son populares como mascotas domésticas debido á súa docilidade, natureza inquisitiva, amorosidade, e pequeno tamaño. Porén, estes animais teñen necesidades especiais que se lles deben proporcionar para que estean sans. Aínda que algunhas persoas considéranos como mascotas para nenos, a Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade cos Animais recomenda os hámsteres como mascotas só para persoas de máis de 6 anos e os nenos deben ser supervisados por un adulto. As gaiolas deberían ser dun tamaño axeitado, seguras, confortables e interesantes. Se un hámster está constantemente mastigando ou gabeando polas barras da gaiola, entón necesita máis estimulación ou unha gaiola máis grande. O tamaño recomendado para a gaiola para un hámster é de 1 m2 ou máis de espazo de chan continuo. Estas poden facerse cortando e unindo grandes contedores de almacenamento de plástico, ou usando un acuario de cristal grande. Poden facerse gaiolas de madeira de tamaño adecuado ou comprarse en liña. As gaiolas de hámster que se venden en tendas de mascotas non sempre cumpren con estes requirimentos de tamaño. A Sociedade do Hámster de Singapur (HHS) recomenda un mínimo de 4000 cm2 para o hámster dourado, mentres que Tierärztliche Vereinigung für Tierschutz (TVT) recomenda darlles tanto espazo como se poida e un mínimo de 100 cm × 50 cm × 50 cm (longo × largo × alto) que son 5000 cm2.Tierärztliche Vereinigung für Tierschutz e.V., Merkblatt Nr. 156 – Heimtiere: Goldhamster (Stand: 2014), pets: golden hamster, Housing miniatura|251x251px|O hámster dourado enterrado baixo a súa capa de cama. Unha roda de hámster é un tipo común de enriquecemento ambiental na gaiola, e é importante que a teñan. A TVT recomenda que as rodas sexan de polo menos 30 cm para os hámsteres dourados, xa que os diámetros máis pequenos orixinan curvaturas da columna vertebral permanentes, especialmente en animais novos. Tamén recomenda unha superficie sólida lisa para correr porque os banzos ou mallas poden causar lesións, ou úlceras nos pés.Tierärztliche Vereinigung für Tierschutz e.V., Merkblatt Nr. 62 – Heimtierhaltung, Tierschutzwidriges Zubehör (Stand: xaneiro de 2010), II. Anti-animal welfare accessories for small mammals, 7. Wheels Un hámster debería correr na súa propia roda sen arquear as costas. Un hámster que corra coas costas arqueadas pode ter dor de costas e problemas de columna. Unha variedade de xoguetes e tubos e caixas de cartón poden axudar a enriquecer o ambiente, xa que son moi vigorosos e necesitan espazo para exercitarse.
A maioría dos hámsteres das tendas de mascotas en moitos países son hámsteres dourados. Orixinalmente, os hámsteres dourados eran todos dunha soa cor, o agutí silvestre natural, pero desde entón se desenvolveron unha variedade de cores e mutacións do debuxo do pelame, incluíndo a cor crema, branca, amarela, canela, carei, negra, tres tons de gris, de pintas dominante, bandedo e diluído. A crianza selectiva tamén produciu diversos tipos de pelame, como o de pelo longo, sedoso e rex.
Crianza miniatura|Apareamento do hámster dourado. A práctica da crianza selectiva do hámster dourado require coñecer os seus coidados, as súas variedades, e un plan para a crianza selectiva, determinando o ciclo estral da femia e a capacidade de xestionar unha colonia de hámsteres. miniatura|Nai hámster saíndo dun tubo para ver as súas dúas crías, que teñen menos dunha semana de vida.
Variedades Os hámsteres de pelo longo son a miúdo chamados "osos de peluxe" e son idénticos aos hámsteres dourados excepto na lonxitude do pelo e poden atoparse en calquera cor, debuxo ou tipo de pelame dispoñible nesta especie. O macho dos hámsteres de pelo longo usualmente teñen pelame máis longa que a femia, culminando nunha "saia" de pelame máis longa na parte posterior. As femias de pelo longo teñen un pelame moito máis curto pero aínda é significativamente máis longo que o das femias de pelo curto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Hámster turco Hámster romanés Hámster común
Bibliografía
Ligazóns externas
HSUS, coidado do hámster ASPCA Hamster Information Información do xenoma
Categoría:Cricétidos Categoría:Animais descritos en 1839