Hervør Pálsdóttir, nada en Kambsdalur o 26 de novembro de 1995, é unha política das Illas Feroe. É membro do Løgting dende 2019 en representació do partido político Tjóðveldi.
Pálsdóttir creceu entre Kambsdalur e Tórshavn, e estudou ciencias políticas e administración na Universidade das Illas Feroe. Foi voceira das organizacións xuvenís Unga Tjóðveldið e Socialistisk Ungdom i Norden. Tamén se pronunciou a prol da xustiza climática e do dereito ao aborto.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados nas Illas Feroe Categoría:Políticos das Illas Feroe Categoría:Nacionalistas feroeses Categoría:Alumnos da Universidade das Illas Feroe