A Universidade das Illas Feroe (en ) é unha universidade estatal que se atopa en Tórshavn, a capital das Illas Feroe. Componse de cinco facultades: Facultade de Lingua e Literatura Feroesa, Facultade de Historia e Ciencias Sociais, Facultade de Educación, Facultade de Ciencia e Tecnoloxía e Facultade de Ciencias de Saúde. A universidade ofrece programas de licenciatura, mestrado e doutoramento. O alumnado é relativamente pequeno (arredor de 1000). A Universidade organiza un concurso anual de disertacións aberto a todo o alumnado. A lingua educativa da universidade é o feroés, o que a converte na única universidade do mundo que imparte clases oficialmente en lingua feroesa. Algunhas clases impártense noutras linguas. A universidade colabora estreitamente coa Universidade de Copenhague e a Universidade de Islandia en proxectos de investigación e é membro da Universidade do Ártico.
Historia miniatura|Edificios da universidade. A Universidade das Illas Feroe foi fundada en 1965 por membros da Sociedade Científica Feroesa, á súa vez fundada en 1952. Entre as súas actividades, a Sociedade publicou un estudo científica e levou a cabo un traballo exhaustivo na recompilación do vocabulario feroés.
O 1 de agosto de 2008, a Escola de Educación das Illas Feroesas e a Escola de Enfermaría das Illas Feroesas incorporáronse á Universidade, converténdose nos seus departamentos 4º e 5º.
Notas