O 13 de novembro é o tricentésimo décimo sétimo (317) día do ano no Calendario Gregoriano e número 318 nos anos bisestos. Quedan 48 días para rematar o ano.

Acontecementos 799 - Wak Kimi Janaab' Pakal (Pacal IV) sobe ao trono da cidade maia de Palenque. 1860 - Perú. Promúlgase a constitución peruana, a de máis longa duración da historia do Perú. 1887 - Londres. Domingo Sanguento. 1907 - En Francia, Paul Cornu leva a cabo o primeiro voo en helicóptero da Historia. 1985 - Colombia. Armero. Poboación de 30 000 habitantes no Departamento de Tolima, Colombia, é borrada do mapa por unha avalancha ocasionada polo desxeo do Nevado del Ruiz. A traxedia deixa 25 000 mortos. 2002 - Galicia. Rompe un tanque de fuel do petroleiro Prestige a 27 millas das costas galegas. Finalmente afundiu o 19 de novembro, provocando a maior marea negra en España. 2002 - É inaugurado o Museo de Arte Contemporánea de Vigo. 2011 - En Italia, o tecnócrata Mario MontiItalia se encomienda al tecnócrata Monti..., El País. recibe do Presidente da República, Giorgio Napolitano, o encargo de formar goberno.

Nacementos miniatura|100px|Agostiño de Hipona. 354 - Santo Agostiño, un dos catro Padres da Igrexa de tradición latina. miniatura|100px|Dorothea Christiane Erxleben. 1715 - Dorothea Erxleben, médica (m. 1762). 1761 - John Moore, militar británico (m. 1809). 1806 . Emilia Plater, revolucionaria e nobre polaca. (m.1831) 1831 - James Clerk Maxwell, físico escocés. 1832 - Eugenio Montero Ríos, político galego. miniatura|100px|Eugenio Montero Ríos. 1834 - Ignacio Manuel Altamirano, escritor mexicano. 1850 - Robert Louis Stevenson, novelista escocés. 1891 - Carlos Abraira López, notario e xurista galego. 1899 - Huang Xianfan, historiador e antropólogo chinés (m. 1982). 1896 - Félix Dafauce, actor español. 1903 - Emilio González López, historiador e político galego (m. 1991). 1905 - Cándido Alfonso González Tiradas, escritor e xornalista galego (m. 1965). 1914 - Julio Caro Baroja, antropólogo, historiador, lingüista e ensaísta español. 1914 - Alberto Lattuada, director de cinema italiano. 1916 - José Ortega Spottorno, editor e enxeñeiro español. 1923 - Pío Cabanillas Gallas, avogado e político galego (m. 1991). 1923 - Linda Christian, actriz. 1929 - Jaime Gil de Biedma, escritor español. 1934 - Carl Sagan, científico americano. 1946 - José María García, xornalista deportivo español. 1947 - Joe Mantegna, actor estadounidense. 1955 - Whoopi Goldberg, actriz estadounidense. miniatura|100px|Lene Hau. 1959 - Lene Hau, física danesa. 1961 - Carme Hermida Gulías, filóloga galega. 1970 - Neus Munté, política catalá.

Mortes miniatura|100px|Camille Pissarro. 687 - Ervixio, rei dos visigodos en España. 1093 - Malcolm III, rei de Escocia. 1460 - Henrique o Navegante, príncipe portugués. 1565 - Pedro de la Gasca, político e eclesiástico español. 1862 - Julio Arboleda Pombo, poeta, militar e estadista colombiano. 1868 - Gioachino Rossini, compositor italiano. 1903 - Camille Pissarro, pintor impresionista francés (n. 1830). 1928 - Juan Beltrán Muíños, xornalista e escritor galego (n. 1872). 1932 - Francisco Lagos Cházaro, político mexicano. 1978 - Luís Trabazo, xornalista e pintor galego (n. 1912). 1974 - Vittorio De Sica, actor e director italiano de cinema. 1992 - Maurice Ohana, compositor francés. 2004 - Ol' Dirty Bastard, rapeiro estadounidense 2010 - Luis García Berlanga, director e guionista de cinema español.

Festas e celebracións Día das librerías, a iniciativa da Federación de Librerías de Galicia La Voz de Galicia 12.11.2020. Día Mundial da Bondade"O Día Mundial da Bondade", La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela, 9.11.2022.

Outros Santoral: Santos Diego e Estanislau.

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Novembro