Noela é un nome propio feminino galego. Considérase a forma antiga do nome da actual vila de Noia, xa que aparece mencionada en varios manuscritos que transmitiron a obra do historiador romano Plinio.
En xaneiro de 2023 existían 311 mulleres en Galicia co nome Noela, cunha media de idade de 23 anos.Nome Mariña na Web do Instituto Galego de Estatística
Noela na historiografía Tamén se documentan outras variantes, como Noeta, Noeca ou Noega. Só Nóega e Nóela (con acento no “o”) poden ser consideradas posibles antecedentes da forma moderna, pois as demais non poderían dar lugar foneticamente a Noia. En calquera caso, esta forma (Noela) tivo certa difusión e mesmo aparece recollida nalgún mapa antigo do século XVI.
Na mitoloxía local, o nome vincúlase coa figura bíblica de Noé, considerado o suposto fundador da vila; de feito, no escudo de Noia figura unha arca. Segundo esta lenda, Noela sería a esposa de Xafet, un dos fillos de Noé. Por outra parte, tamén se interpretou como o feminino de Noel, e nese caso trataríase dunha variante do nome Noelia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes de orixe incerta Categoría:Nomes femininos galegos