Cláudia Morán Mato, nada na Coruña o 25 de novembroDía internacional para a erradicación da violencia contra as mulheres de 1990, é unha xornalista e comunicadora galega.
Traxectoria
Estudou Xornalismo en Blanquerna-Universidade Ramón Llull e o mestrado de xornalismo especializado en política internacional no IDEC-Universidade Pompeu Fabra. Traballou en Cope Barcelona, en Radio Coruña-Cadena SER, na delegación da Axencia Efe en Bruxelas e en La Voz de Galicia. Tamén é Colaboradora en Goldman Sachs is not an Aftershave.
É unha xornalista especializada en relacións internacionais e perspectiva de xénero. Compaxina o seu traballo en comunicación corporativa con colaboracións en Nós Diario, O Salto Galiza, La Marea e a Revista Luzes, (membro do comité de redacción.
É membro da Asociación Premios da Crítica de Galicia e tamén xurado. Foi integrante da comisión lectora do Premio Torrente Ballester de Narrativa, Xurado do Premio Johan Carballeira de Xornalismo e Xurado do Premio Xerais de novela.
Participou en Pontevedra en As mulleres que opinan son perigosas. Forma parte de Xornalistas Galegas, un colectivo de mulleres galegas do mundo da comunicación na defensa dun xornalismo con perspectiva de xénero. É membro de Habitar o baleiro, un proxecto xornalístico multiplataforma para documentar a vida no rural de Galicia.
Premios e distincións 2021: Finalista do Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego, por "Un deserto" (Nós Diario).
2022: Finalista do Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego, por «Nunca nais» (Nós Diario) . 2025: Premio Xohán Carballeira de Xornalismo, compartido con Manolo Broa pola reportaxe O baleiro que arde: un territorio a mercé do lume, publicada no semanario Sermos Galiza de Nós Diario acompañada das fotografías da autoría de Brais Lorenzo. 2025: Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no Tratamento da Violencia Machista, compartido con Marta Veiga Izaguirre e Marta Otero pola reportaxe Todas as veces que foron un non, publicada na Revista Luzes.
Vida persoal Cláudia Morán é filla de César Morán e da médica de familia Esther Mato, irmá de Brais Morán e sobriña de Miguel Mato.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1990 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Ramon Llull Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra