Carmen Jodra Davó, nada en Madrid o 27 de agosto de 1980 e finada ibídem o 24 de xullo de 2019, foi unha poeta en lingua castelá, gañadora do premio Hiperión aos 18 anos.

Traxectoria Jodra licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade Autónoma de Madrid. Co seu primeiro libro, Las moras agraces, conseguiu boas críticas e obtivo o premio Hiperón con tan só 18 anos de idade. En 2001 asistiu como convidada a Tertulias Poéticas, un programa do Centro de Estudos da Poesía da Universidade Popular José Hierro do Concello de San Sebastián de los Reyes (Madrid) emitido por Canal Norte Televisión.

En 2004 publicou un novo poemario: Rincones sucios. Nese mesmo ano, Jodra recibiu unha bolsa de creación -outorgada polo Concello de Madrid- para vivir na Residencia de Estudantes entre 2004 e 2006.

Opositou para un posto de bibliotecaria e exerceu, primeiro na Universidade Politécnica de Madrid e despois na Biblioteca Pública Luis Rosales de Carabanchel.

Jodra faleceu por mor do cancro en 2019, con 38 anos.

Recoñecementos En maio de 1998, gañou o seu primeiro premio no certame de poesía do instituto onde estudaba. En xuño do mesmo ano, aos 17 anos de idade, conseguiu o Premio de Poesía María Dolores Mañas, certame literario outorgado pola Fundación Cultural Maraya.

En 1999 obtivo o Premio Hiperión na súa XIV edición, co seu libro Las moras agraces. O xurado no seu ditame subliñou que aparecera unha nova voz de amplo rexistro e sorprendentes achados. O poemario tivo grande éxito da crítica e chegou a alcanzar seis reedicións no seu primeiro ano de venda.

Obra Poesía Las moras agraces (XIV Premio Hiperión de Poesía; Madrid, Hiperión, 1999). 80 p. ISBN 84-7517-624-0. Rincones sucios (accésit do XIX Premio Joaquín Benito de Lucas; Talavera de la Reina, Concello, Colección Melibea, 2004). 69 p. ISBN 84-88439-43-1. El libro doce; Madrid, La Bella Varsovia, 2021. 72 p. ISBN 978-84-121693-9-3.

Inclusións en antoloxías de poesía La generación del 99 (ed. José Luis García Martín; Oviedo, Nobel, 1999). 350 p. ISBN 84-89770-80-8. Antología de las mejores poesías de amor en lengua española (ed. Luis María Anson; Barcelona, Plaza y Janés, 2000). 640 p. ISBN 84-89770-80-8. Aldea Poética II (ed. Antonio Pastor Bustamante; Madrid, Ópera Prima, 2000) Un siglo de sonetos en español (ed. Jesús Munárriz; Madrid, Hiperión, 2000). La voz y la escritura. 80 propuestas poéticas desde los Viernes de la Cacharrería (ed. Miguel Losada; Madrid, Comunidade de Madrid e Centro Bibliográfico e Cultural O.N.C.E., 2001). Mujeres de carne y verso (ed. Manuel Francisco Reina; Madrid, La Esfera de los Libros, 2002). 528 p. ISBN 84-9734-012-4. Ni Ariadnas ni Penélopes. Quince escritoras españolas para el siglo veintiuno (ed. Carmen Estévez; Madrid, Castalia, 2002). 226 p. ISBN 84-9740-019-4. Orfeo XXI. Poesía española contemporánea y tradición clásica (eds. Pedro Conde Parrado e Javier García Rodríguez; Xixón, Llibros del Pexe, 2005). 298 p. ISBN 84-96117-45-6. Sextinas. Pasado y presente de una forma poética (ed. Chús Arellano, Jesús Munárriz, Sofía Rhei). Madrid, Hiperión, 2011.460 p. ISBN 978-84-7517-985-8.

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 2019 Categoría:Finados por cancro Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá