Lê Lợi, coñecido postumamente co nome de templo Thái Tổ (en , nado na provincia de Thanh Hóa (Vietnam) o 10 de setembro de 1384, e finado en 1433, foi o primeiro monarca da dinastía Lê (家後黎) e emperador de Vietnam dende 1428 até 1433. É considerado en Vietnam como un paladín da independencia contra o dominio da dinastía Ming chinesa.

Recoñecementos

O Comité Popular do distrito de Nam Nhun, na provincia norvietnamita de Lai Chau, recoñeceu a estela de Lê Lợi, primeiro emperador da dinastía Lê (1428-1727), como un tesouro nacional.

A estela de Lê Lợi, nome real do rei Lê Thái Tổ, foi esculpida en 1431 nun cantil de pedra situado a un lado do río Đà, próximo ao monte Pu Huoi Cho.

O rei ordenou a construción desta obra despois de derrotar aos invasores, co obxectivo de disuadir aos entón rebeldes.

En 1981, a estela foi recoñecida como patrimonio nacional e en 2012, debido ás inundacións do encoro hidroeléctrico de Son La, foi trasladada ao templo dedicado a este rei, a 500 metros de distancia do lugar anterior.

Durante o acto, tamén se considerou como vestixio histórico nacional o sitio conmemorativo a Lê Thái Tổ, no distrito de Nam Nhun.

Notas

Categoría:Nados en 1384 Categoría:Finados en 1433 Categoría:Políticos de Vietnam Categoría:Nados en Vietnam Categoría:Emperadores de Vietnam