A aprendizaxe semipresencial ou híbrida (en ), tamén chamada instrución mediada pola tecnoloxía ou instrución web, é unha forma de educación que combina os materiais e as posibilidades de interacción en liña cos métodos de aprendizaxe presencial na aula.

A aprendizaxe semipresencial require a presenza física de profesorado e alumnado, mais ao mesmo tempo este mantén un certo control sobre o tempo, o lugar, a orientación e o progreso dos seus procesos de ensino-aprendizaxe. A asistencia aos centros educativos combínase con actividades a distancia por ordenador. Tamén se emprega en contextos de desenvolvemento ou adestramento profesional. Xa que a aprendizaxe semipresencial depende moito do contexto, é difícil obter unha concepción universal da mesma.

Terminoloxía Os termos "aprendizaxe semipresencial", "aprendizaxe híbrida", "instrución mediada pola tecnoloxía" e "instrución web" adoitan empregarse como equivalentes na literatura académica.

Malia que os conceptos que subxacen á aprendizaxe semipresencial se desenvolveron por vez primeira na década de 1960, a terminoloxía formal para describila non adoptou a súa forma actual até finais dos 90. Un dos primeiros usos do termo débese á empresa EPIC Learning (anteriormente, Interactive Learning Centers), situada en Atlanta, que definiu a súa metodoloxía como de blended learning.

Nos seus comezos, a aprendizaxe semipresencial era unha idea vaga que recollía unha gran variedade de tecnoloxías e métodos pedagóxicos en diferentes combinacións (algúns deles, sen mediación de tecnoloxía algunha). En 2006 a publicación de The Handbook of Blended Learning Environments de Bonk e Graham contribuíu a concretar con máis precisión o termo. Graham puxo en dúbida a amplitude e ambigüidade das definicións anteriores, afirmando que "os sistemas de aprendizaxe semipresencial (...) combinan a instrución cara a cara coa mediación dun ordenador".

Segundo Norm Friesen, na súa forma actual, a aprendizaxe semipresencial "designa o rango de posibilidades que presenta a mestura de medios dixitais e a internet coas aulas tradicionais que requiren a presenza física conxunta do profesorado e o estudantado".

Historia alt=Exemplo dunha actividade de química en PLATO|miniatura|Exemplo dunha actividade de química en PLATO Os primeiros programas de educación a distancia naceron na década de 1840, mais a tecnoloxía para facilitar a aprendizaxe non se desenvolveu plenamente até os anos 70 do século XX. O ensino mediante medios tecnolóxicos emerxeu como unha alternativa durante os anos 60, empregando ordenadores. A súa maior vantaxe era a escala, xa que un instrutor tradicional só pode traballar cun número limitado de persoas ao tempo. Un exemplo desta época é PLATO (acrónimo de "Programmed Logic for Automatic Teaching Operations"), un sistema creado pola Universidade de Illinois e a empresa Control Data. PLATO tivo unha longa historia de innovacións e ofrecía cursos dende a primaria até a universidade.

Logo, popularizáronse os sistemas educativos baseados en satélites ou CD-ROM, que resolveron o problema de ampliar o número de estudantes. En concreto, os CD-ROM convertéronse na tecnoloxía dominante no eido do ensino a finais dos anos 80 e comezos dos 90, xa que os módems da época non podían transmitir adecuadamente vídeos e sons de calidade.

Na actualidade, a aprendizaxe semipresencial realízase por medio da internet, aínda que moitas institucións seguen a usar tamén tecnoloxías anteriores, coma os CD-ROM. Algúns dos principais medios en liña son o webcasting (síncrono e asíncrono) e os vídeos (en vivo ou gravados).

Algúns sistemas de aprendizaxe en liña, como Khan Academy, utilízanse tamén nas aulas como plataformas para a aprendizaxe semipresencial.

Modelos Non existe un consenso firme sobre a definición de aprendizaxe semipresencial. Algúns expertos suxeriron que se trata dun termo redundante. Porén, hai varias propostas diferentes de aprendizaxe semipresencial realizadas por investigadores e think-tanks. Sobresaen as seguintes:

Dirección presencial (en ): o profesorado dirixe a instrución e mellóraa con ferramentas dixitais.

Rotación: o estudantado vai rotando segundo un cronograma de estudo independente en liña e clases presenciais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pedagoxía