Unha rúa ou área peonil é unha zona urbana onde non está permitida a circulación con vehículos motorizados. As rúas ou zonas semipeonís, tamén chamadas de preferencia peonil, son espazos onde, malia non estar prohibidos, si existe unha preferencia pola circulación dos viandantes e bicicletas. Algunhas rúas semiponís poden ter restricións horarias, de velocidade, de tipo de vehículo (eléctricos, de baixas emisións) ou mesmo só permitir o acceso a veciños ou garaxes. A conversión dun espazo urbano á circulación peonil denomínase peonalización.
As zonas peonís adoitan ter excepcións de tránsito, permitindo en todo caso o paso a vehículos de emerxencias, como ambulancias ou policía; a vehículos de repartimento de mercadorías, e a automóbiles de reparación, mantemento e saneamento.
A meridande parte das áreas e rúas peonís atópanse nos centros históricos das cidades e vilas, así como zonas comerciais abertas.
En Galicia, a cidade de referencia en peonalización e preferencia ao viandante é Pontevedra. En Europa, a primeira rúa construída especificamente para uso peonil foi a rúa Lijnbaan en Róterdam, inaugurada en 1953.
Peonalización en Galicia miniatura|Rúa do Príncipe, Vigo. Rúas peonís En Galicia existen varías rúas, prazas e espazos peonís de interese. As cidades de Santiago de Compostela e Pontevedra posúen unha grande extensión de espazos peonís nas súas respectivas cidades vellas. No caso de Pontevedra, dita peonalización non se limitou á súa cidade vella, senón a outras zonas da cidade. Ademais, acompañáronse de outras medidas para promover a mobilidade urbana a pé e desincentivar o uso do vehículo privado, como o Metrominuto ou o deseño de aparcadoiros disuasorios na periferia.
As rúas peonís máis importantes en Galicia son:
Rúa do Príncipe, en Vigo, unha importante vía peonil no centro da cidade, e un dos núcleos comerciais da cidade. Rúa Real, na Coruña, a principal rúa comercial da cidade. Rúa de Santo André, na Coruña. Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, en Pontevedra. Rúa do Franco, en Santiago. Rúa Quiroga Ballesteros, en Lugo Rúa do Paseo, en Ourense
Prazas e paseos Outras estruturas urbanas, polas súas características arquitectónicas, son susceptíbeis de seren peonís. Prazas coma a de María Pita na Coruña, a praza de Ferrol en Lugo ou a praza da Ferrería en Pontevedra son exemplos de prazas peonís. En Vigo, a porta do Sol foi recentemente remodelada para eliminar o tránsito e favorecer ao viandante.
Os paseos son un tipo de vía longa conceptualizada para o seu uso peonil. Exemplos de paseos atópanse nas cidades costeiras ou ribeireñas, como o paseo de Samil en Vigo, o paseo marítimo da Coruña ou o paseo polo río Lérez en Pontevedra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cidade vella de Santiago de Compostela Centro histórico de Pontevedra Cidade Vella da Coruña Centro histórico de Vigo Filtro modal
Categoría:Rúas