Yang Mo (en chinés tradicional: 楊沫; en chinés simplificado: 杨沫; en pinyin: Yáng Mò), nada o 25 de agosto de 1914 e finada o 11 de decembro de 1995, foi unha escritora chinesa. A súa obra máis coñecida é Qingchun zhi ge (en ), adaptada ao cinema en 1959.

Pseudónimos Yang Mo é o pseudónimo principal de Yang Chengye (杨 成业), que tamén empregou os nomes Yang Junmo (杨 君茉) e Xiao Hui (小慧).

Traxectoria Yang Mo naceu o 25 de agosto de 1914 en Beijing, na República da China. O seu pai era un intelectual e fundador dunha universidade privada. A súa terceira irmá, Yang Chengyun, nada en 1920, chegou a ser unha actriz de gran sona polas súas actuacións no teatro, na ópera e no cinema baixo o pseudónimo de Bai Yang.

En 1931 o pai desapareceu tras a quebra dos seus negocios, deixando á familia na ruína. Yang Mo, que estudaba a secundaria, tivo que abandonar o instituto para traballar como profesora de primaria e como libreira. En 1936 afiliouse ao Partido Comunista da China e, ao ano seguinte, viaxou a Hubei para incorporarse á loita contra os xaponeses.

Finou o 11 de decembro de 1995.

Publicacións Wei tang ji shi (1950) Qingchun zhi ge (1958) Hong hong de Shandan hua (1978) Dongfang yu xiao (1980) Bu shi riji de riji (1980) Yang Mo sanwen xuan (1981) Dahe yu langhua (1982) Yang Mo xiaoshuo xuan (1982) Zibai: wo de riji (1985) Fang fei zhi ge (1986) Yinghua zhi ge (1990)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en 1914 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en Pequín