A Guerra do Sonderbund (en alemán: Sonderbundskrieg; en francés: Guerre du Sonderbund; en italiano: Guerra del Sonderbund) de novembro de 1847 foi unha guerra civil en Suíza, daquela aínda unha confederación de cantóns relativamente pouco cohesionada. Comezou despois de que sete cantóns católicos formasen o Sonderbund ("alianza separada") en 1845 para protexer os seus intereses contra a centralización do poder. A guerra rematou coa derrota do Sonderbund. Como resultado, Suíza emerxeu como un estado federal, pechando o período de "restauración e rexeneración" política no país.Joachim Remak, A very civil war. The Swiss Sonderbund War of 1847 (1993).
Historia O Sonderbund estaba composto polos cantóns de Lucerna, Friburgo, Valais, Uri, Schwyz, Unterwalden e Zug, todos eles maioritariamente católicos e gobernados por administracións conservadoras. Os cantóns do Tesino e de Soleura, tamén maioritariamente católicos pero con gobernos liberais, non se uniron á alianza.
Despois de que a Dieta federal (Tagsatzung) declarase o Sonderbund inconstitucional (outubro de 1847) e ordenase a súa disolución pola forza, o xeneral Guillaume Henri Dufour dirixiu o exército federal de 100.000 homes e derrotou as forzas do Sonderbund baixo o mando de Johann Ulrich von Salis-Soglio nunha campaña que durou só unhas poucas semanas, do 3 ao 29 de novembro, e custou unhas 100 vidas. Dufour ordenou ás súas tropas que atendesen aos feridos, anticipando así a formación da Cruz Vermella, na que el mesmo participou uns anos despois. As principais accións tiveron lugar en Friburgo, Geltwil (12 de novembro), Lunnern, Lucerna, e finalmente en Gisikon (23 de novembro), Meierskappel e Schüpfheim, tras o cal Lucerna capitulou o 24 de novembro. O resto do Sonderbund rendeu sen resistencia armada nas semanas seguintes.Ralph Weaver, Three Weeks in November: A Military History of the Swiss Civil War of 1847 (2012).
Notas
Categoría:Historia de Suíza Categoría:1847 Categoría:Guerras civís