Pitias a Nova (en grego antigo: Πυθιάς; en latín, Pythiás) foi a filla do filósofo Aristóteles e da bióloga e embrióloga Pitias de Aso. Sábese pouco da biografía de Pitias debido a escasa información ao respecto.

Traxectoria Crese que Pitias tiña ao redor de 14 anos cando Aristóteles escribiu o seu testamento, polo que naceu entre o ano 341-40 a. C. en Macedonia.Chrous (2015), p. 393 Tamén se cre que morreu antes que o seu pai durante a súa estancia en Atenas.Ross (1971), p. 10

Pitias casou tres veces. O seu primeiro esposo foi Nicanor, sobriño de Aristóteles pola súa irmá Arimnesta. Segundo a vontade de Aristóteles, Nicanor encargaríase dos asuntos familiares ata que o seu fillo, Nicómaco, chegase á maioría de idade. Nicanor faleceu sen ter fillos con Pitias pouco despois do matrimonio, sendo executado en 317 a. C. por Casandro de Macedonia. Teofrasto quedou ao cargo de Pitias e Nicómaco.Chrous (2015), p. 244

O segundo marido de Pitias foi Proclo de Esparta, co cal tivo dous fillos. O seu terceiro marido foi Medias e tivo un fillo con el ao cal chamou como o seu pai na súa honra. Este probablemente naceu durante a última década do século IV a. C. e fixo parte dos peripatéticos. Foi mencionada no testamento de Teofrasto.Chrous (2015), p. 82

Na ficción A autora Annabel Lyon escribiu en 2012 o seu best seller The Sweet Girl na súa honra, unha novela histórica na que Pitias é a protagonista.Lyon (2013)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades da Grecia antiga