Only on Earth é un documental de 2025 dirixido pola directora danesa Robin Petré. O filme documenta unha viaxe ao sur de Galiza, maiormente ao Rosal, unha das zonas máis propensas aos incendios forestais de Europa, onde tanto humanos como animais loitan por facer fronte ao verán máis caloroso e seco rexistrado.
Esta coprodución hispano-danesa foi seleccionada na sección Generation Kplus no 75º Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde tivo a súa estrea mundial no 15 de febreiro 2025.
Resumo Only on Earth explora unha das rexións máis propensas aos incendios de Europa, de Galiza até o interior de Portugal e a Meseta Central na Península Ibérica, durante un verán de calor e seca extremas (o do ano 2023). O documental, gravado en lingua galega e castelán, segue a catro persoas (un vaqueiro, unha veterinaria, un bombeiro e unha familia de agricultores na primeira liña) que traballan para protexer os seus fogares, as súas tradicións e o seu medio ambiente. Tamén destaca o papel vital dos cabalos salvaxes autóctonos na mitigación dos danos causados polos incendios forestais.
Aparicións Xan, o bombeiro forestal Eva, a veterinaria especializada en cabalos Pedro, o rapaz de dez anos que soña con ser gandeiro Cristina, labrega que colabora apagando incendios
Produción A película, dirixida por Robin Petré, está producida por Carles Brugueras, Malene Flindt Pedersen, Signe Skov Thomsen e Marieke van den Bersselaar, baixo os selos de Hansen & Pedersen Film og Fjernsyn e Polar Star Films.
Estrea Only on Earth estreouse mundialmente o 15 de febreiro de 2025, como parte do 75º Festival Internacional de Cinema de Berlín, dentro da sección Generation Kplus. Tamén foi seleccionado para competir na sección de Documentais do Festival de Cinema de Londres BFI 2025 polo Premio Grierson ao Mellor Documental e proxectarase o 10 de outubro de 2025.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Incendio forestal Incendios en Galiza O que arde Ligazóns externas
Only on Earth en Hansen & Pedersen Only on Earth en Berlinale
Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Documentais Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de España Categoría:Incendios forestais