Kaouther Ben Hania (en ), nada en Sidi Bouzid o 27 de agosto de 1977, é unha directora e guionista de cine tunisiana.
Traxectoria En 2021, o seu filme (2020) L'Homme qui a vendu sa peau converteuse no primeiro filme tunisiano da historia nomeado aos premios Óscar á mellor película internacional. Dous anos antes, en 2019 outro dos seus filmess, ʿAlā kaff ʿifrīt (2017), fora xa preseleccionado na 91 edición dos premios.
O seu documental Banāt Olfa participou en 2023 no Festival de Cannes, gañando L'Œil d'or e o François Chalais Prize. Foi ademais candidato ao Óscar ao mellor documental.
En 2025, o seu fime The Voice of Hind Rajab, unha reconstrución do asasinato real dunha nena gazana de seis anos a mans de Israel, obtivo o Gran Premio do Xurado no Festival de Venecia.
Notas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Directores de cinema de Tunisia Categoría:Nados en Tunisia