Pipo é unha serie de televisión galega de animación de 2025. Emítese a través da plataforma dixital do Xabarín Club, da TVG e os primeiros 10 episodios estreáronse o 27 de agosto de 2025.

Sinopse Berta ten seis anos e vive coa súa nai e co irmán máis novo, un neno de pouco máis dun ano ao que ela chama cariñosamente Mocos, porque aínda non fala nin camiña. No comezo do curso escolar, Berta atopa no xardín da casa unha criatura chegada doutro planeta, chamada Pipo. Este visitante convértese en parte da familia e, con ollos cheos de curiosidade, vai aprendendo as rutinas máis comúns das persoas: dende lavar os dentes ata quitar a pel das laranxas. Dende ese intre, o día a día de Berta transfórmase nunha aventura continua.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Ligazóns externas Pipo na páxina oficial de xabarin.gal.

Categoría:Xabarín Club Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega