O Centro de Ciencias de Macau, tamén MSC polas súas siglas en inglés (en , en ) é un centro científico en Macau, no sur da República Popular da China. Ten salas de exposicións e un planetario con proxeccións en 3D.

O proxecto para construír o centro científico comezou en 2001 e rematou en 2009. O edificio foi deseñado por Pei Partnership Architects en colaboración con IM Pei e a súa construción comezou en 2006. O centro foi inaugurado en decembro de 2009 por Hu Jintao, daquela presidente da China.

O edificio principal é unha estrutura cónica de forma asimétrica, cun corredor en espiral e un grande adro interior.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas :Web oficial

Categoría:Museos de ciencias Categoría:Arquitectura do século XXI Categoría:Arquitectura da China Categoría:Macau