Un planetario é unha instalación destinada á divulgación da astronomía, na que se simula o ceo visible desde diferentes lugares e momentos da Terra. Normalmente consta dunha cúpula hemisférica ou bóveda sobre a que se proxectan imaxes de obxectos celestes mediante un proxector situado no centro da sala. O termo tamén pode referirse tanto ao mecanismo que reproduce a esfera celeste e os movementos dos astros como ao edificio que o alberga. No interior dun planetario normalmente celébranse sesións onde se exploran e explican conceptos astronómicos. Ademais, moitos planetarios contan con equipos audiovisuais, como proxectores diapositivas ou sistemas de son. É habitual que as sesións estean dirixidas por un presentador en directo.

Unha proporción significativa dos planetarios existentes son estruturas móbiles e facilmente transportables, cuxas cúpulas están feitas dun tecido axeitado e manteñen a súa forma esférica mediante un sistema que sopra aire ao interior. Nos planetarios tamén se empregan telescopios.

Notas

Véxase tamén

Astronomía e astrofísica Cosmos Cosmoloxía Mundo Observatorio Universo

Ligazóns externas

WPD (Base de datos mundial de planetarios) Lista de planetarios do mundo Os planetarios son o punto de partida para o interese pola astronomía

Categoría:Astronomía observacional Categoría:Astronomía