Pilar Hidalgo Iglesias, nada en Cee o 3 de maio de 1979, é unha ex-triatleta galega.

Traxectoria En 2000 conseguiu os seus primeiros podios na Copa do Mundo de Tríatlon, con dous bronces en Tokyo e en Cancún. Na cidade mexicana proclamouse, amais, campioa do mundo de ácuatlon Ese mesmo ano quedou segunda no campionato de Europa sub-23 en Irlanda e subcampioa de España. Dous anos despois, converteuse en campioa do Mundial sub-23 de tríatlon.

En 2003 conseguiu o bronce no Campionato Europeo de Tríatlon de Valencia e proclamouse campioa de España de tríatlon. Sumou, ademais, dous novos bronces nos Mundiais de Madrid e de Atenas. O ano seguinte revalidou o título do campionato de España e logrou a prata na proba da Copa do Mundo de Tríatlon en Hungría.

Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas e chegou á meta na posición 13ª, cun tempo final de 2:07'37"34, lonxe das súas propias expectativas. Despois de Atenas obtivo outra prata na Copa do Mundo en Hamburgo. Logo entrou nunha forte crise deportiva, acompañada dunha lesión que a mantivo case totalmente afastada da competición durante tres anos.

O 25 de marzo de 2007 regresou á alta competición na Copa do Mundo de Tríatlon de Mooloolaba (Australia), mais non conseguiu chegar á meta. O 6 de setembro de 2009, durante o Tríatlon de Puigcerdà, sufriu unha arritmia e o corazón púxoselle a 280 pulsacións por minuto. Tivo que ser evacuada en helicóptero e ingresada na UCI. Foille diagnosticada unha hipertrofia ventricular que a obrigou a deixar o deporte de maneira definitiva.

En 2011 declarou que sufría bulimia nerviosa dende os 15 anos.

Mellores resultados Campioa do mundo de ácuatlon en Cancún, México (2000) Subcampioa de Europa de tríatlon sub-23 en Enniskillen, Irlanda (2000) Campioa do mundo de tríatlon sub23 (2002) Campioa de España (2003 e 2004) e subcampioa (2000 e 2002) Bronce no Campionato de Europa de Tríatlon de Valencia (2004)

Ácuatlon Campionato do mundoLugarPostoDataMarcaMedalla Cancún1200032'38''ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Gold_medal.svg|18x18px|Ouro Ouro

Tríatlon Campionato do mundoLugarPostoDataMarcaMedallaQueenstown2206.12.20032:11'27" Madeira1909.05.20041:55'48" VancouverNon rematou08.06.2008

Copa do MundoLugarPostoDataMarcaMedalla Tokyo316.07.20002:03'31"ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bronze_medal.svg|18x18px|Bronce Bronce Tiszaujvaros506.08.20001:57'27" Cancún35.11.20002:00'21"ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bronze_medal.svg|18x18px|Bronce Bronce Gamagori1415.04.20012:02'17" Ixigaqui1022.04.20012:00'55" San Petersburgo3427.04.20022:12'12" Tiszaujvaros1528.07.20021:58'36" Tiszaujvaros73.08.20031:58'14" Madrid321.09.20031:59'48"ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bronze_medal.svg|18x18px|Bronce Bronce Madeira619.10.20032:02'23" Atenas325.10.20032:7'13"ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bronze_medal.svg|18x18px|Bronce Bronce Geelong523.11.20032:09'36" Tiszaujvaros21.08.20041:53'00"ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Silver_medal.svg|18x18px|Prata Prata Hamburgo24.09.20041:58'59"ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Silver_medal.svg|18x18px|Prata Prata Madrid1119.09.20042:10'41" Mazatlán24.04.2005non rematou Mooloolaba25.03.2007non rematou Ixigaqui15.04.2007non rematou Hamburgo11ª6.07.20082'02"38 Kitzbühel21ª20.07.20082'03"31

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Triatletas olímpicos de Galicia Categoría:Triatletas nos Xogos Olímpicos de 2004