O repolo (Brassica oleraceae var. capitata)Manuel González González, Dicionario de alimentación e restauración - galego-castelán-inglès , Termigal. Real Academia Galega. Edita Xunta de Galicia, 2012. (Repolo: p. 211, 266) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.
As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.
Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.
Cultivo O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remóntase á antigüidade e estendeuse a partir de formas salvaxes orixinarias da Europa meridional.
O repolo ou col pode sementarse nun primeiro momento en interiores (en sementeiro ou alcouve) ou directamente no exterior. Como todos os membros da familia das Brassicaceae, ten a súa colleita nas épocas máis frescas do ano, aínda que preferentemente en outono.
O control dos parasitos dos cultivos é de grande importancia, en particular en relación ós ataques das eirugas de moitas bolboretas da familia das Pieridae.
Variedades Existen dúas variedades principais de repolos: as de cedo (temperás) e as serodias. Repolo de cedo: as variedades temperás maduran en 50 días aproximadamente. Producen ollos pequenos e destínanse ó consumo inmediato, xa que non resisten o almacenamento. Repolo serodio: as variedades serodias maduran ós 80 días, producen ollos moito máis grandes e destínanse á provisión invernal.
Consumo Consómese tanto cociñado como en ensalada e pódese conservar cocido, conxelarse tras escaldar primeiro e incluso preparalo como chucrut (col fermentada que se utiliza como condimento ou acompañamento).
Composición e propiedades
O repolo é rico en vitaminas C e A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lombarda Verza Repolo do monte (cogomelo)
Categoría:Brassica Categoría:Hortalizas Categoría:Flora de Europa