Antón Baleato Lizancos, nado na Coruña na década de 1990, é un físico e científico galego.

Traxectoria Comezou estudando en Canadá e despois fixo Física Aplicada na Universidade de Columbia (Nova York, 2012-2016) e tamén o doutoramento en Cosmoloxía na Universidade de Cambridge (Reino Unido, 2017-2021). A súa tese foi Polishing the Lenses: Precise Modelling of Gravitational Lensing and Delensing of the Cosmic Microwave Background. Desde 2021 traballou como postdoutorado no Berkeley Center for Cosmological Physics (UC Berkeley & Lawrence Berkeley National Laboratory, CA).

É o único galego que forma parte do proxecto DESI, o Instrumento Espectroscópico para o Estudo da Enerxía Escura (siglas en inglés Dark Energy Spectroscopic Instrument), centrado no Telescopio Mayall. O 19 de marzo a colaboración DESI presentou uns resultados que apuntaban á posibilidade de que a enerxía escura se estea debilitando co tempo e, xa que logo, a que haxa que introducir mudanzas no modelo estándar que explica as regras básicas de funcionamento do Universo.

Ten colaborado en publicacións especializadas na súa materia. Na súa web preséntase como: Son de Galicia e tiven o pracer de vivir noutros lugares fermosos como a Columbia Británica, Nova York, Cambridge e California. Gústame todo o que pasa ao aire libre e preocúpame profundamente a xustiza social.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge