Helen Hester, nada en 1983, é unha filósofa, investigadora, escritora e activista feminista británica. É membro do grupo feminista Laboria Cuboniks.
Traxectoria Hester é profesora na West London University. As súas liñas de traballo e investigación son o tecnofeminismo, os estudos sobre a sexualidade, a tecnoloxía dixital, as teorías de reprodución social e as políticas reprodutivas e o futuro do traballo. É autora de Beyond Explicit: Pornography and the Displacement of Sex, coeditora das coleccións Fat Sex: New Directions in Theory and Activism, e Dea ex Machina, e editora da serie de libros "Sexualities in Society" de Ashgate.
Activista de 'Laboria Cuboniks' Helen Hester é membro do grupo feminista internacional Laboria Cuboniks, un colectivo de persoas de diferentes ámbitos dos coñecementos: artes plásticas, programación, filosofía, arqueoloxía ou deseño. En 2015 publicou Xenofeminismo. Unha política pola alienación. Neste manifesto defende o xenofeminismo, revisando os proxectos políticos feministas e facendo unha aposta polo uso estratéxico das tecnoloxías existentes para redeseñar por completo o mundo.
Un tema clave para a autora é o tema da reprodución social e o traballo reprodutivo e a súa relación co futuro do noso planeta. O obxectivo de Hester é desenvolver representacións para un "futuro estraño" que non impoñen e condenen a reprodución biolóxica e establezan modelos de reprodución social non reguladores baseados na autonomía corporal e a diversidade sexual que sexan capaces de fomentar vínculos afectivos e de coidado máis aló da filiación sanguínea. Con este traballo Hester amplía o anterior manifesto e articúlao ao redor do aceleracionismo. Segundo ela, a realidade actual vive un proceso rápido en todos os seus ámbitos, especialmente na ciencia e a tecnoloxía. Outras autoras viron anteriormente estes ámbitos como un espazo de emancipación feminista nas súas distintas publicacións: Firestone (1976), Haraway (1995), Plant (1994), Butler (2018, 2017 e 2006) e Preciado (2002, 2008 e 2010). A ruptura do xénero binario e a apertura de corpos, suxeitos e identidades queer non heterocéntricos a outras lecturas son tamén espazos que poden converterse en realidade.
Notas
Categoría:Activistas do Reino Unido Categoría:Feministas do Reino Unido