miniatura|Liña de meta do UTMB. O Ultra-Trail du Mont Blanc (denominado tamén UTMB) é un ultramaratón de montaña, iniciado en 2003, que segue o percorrido do Tour du Mont Blanc. A carreira iníciase e finaliza en Chamonix e percorre os Alpes, atravesando Francia, Italia e Suíza. Cunha distancia de 176 km e un desnivel positivo duns 10.000 metros, está considerada a carreira de trail running máis prestixiosa do mundo. Cada ano participan máis de 2500 persoas, que dispoñen de 46,5 horas para rematala.

Descrición A carreira ten lugar unha vez ao ano, ou a derradeira fin de semana de agosto ou a primeira de setembro, partindo da localidade de Chamonix (Francia). Ten uns requisitos estritos de inscrición e clasificación, que se obteñen acumulando suficientes puntos de carreira e participando nunha serie de carreiras de trail clasificatorias durante o período anterior de dous anos. Os mellores corredores completan o percorrido nunhas 20 horas, a maioría de corredores tarda entre 32 e 46,5 horas en chegar á meta, necesitando correr até dúas noites para rematar a carreira.

En 2006 creouse unha nova carreira denominada CCC (Courmayeur–Champex–Chamonix), coa metade do percorrido, dando nacemento así co paso dos anos a outras carreiras con distinto grao de dificultade. En 2022 naceu a carreira máis curta, a ETC (Expérience Trail Courmayeur), cun percorrido de 15 km e uns 1.200 metros de desnivel positivo.

Carreiras UTMB UTMB: Ultra-Trail du Mont-Blanc (176 km, +10.000 m) CCC: Courmayeur–Champex–Chamonix (101 km, +6.050 m) OCC: Orsières–Champex–Chamonix (57 km, +3.500 m) TDS: Sur les Traces des Ducs de Savoie (148 km, +9.300 m) PTL: La Petite Trotte à Léon (300 km, +25.000 m) MCC: De Martigny-Combe à Chamonix (40 km, +2.300 m) ETC: Expérience Trail Courmayeur (15 km, +1.200 m) YCC: Youth Chamonix Courmayeur (15 km, +1.200 m)

Percorrido O UTMB segue o percorrido do Tour du Mont Blanc, un sendeiro que se tarda en completar entre 7 e 9 días. É un circuíto ao redor do macizo do Mont Blanc.

Parte de Chamonix (1.035 m) e ascende cara ao Col de Voza (1.653 m) para chegar a Les Contamines (1.150 m), onde se atopa o primeiro punto de control con asistencia. Despois ascende cara a Croix du Bonhomme (2.479 m) antes de volver baixar a Les Chapieux (1.549 m). O sendeiro logo sobe até o Col de la Seigne (2.516 m) para entrar en Italia, e segue a crista do Mont-Favre (2.435 m) antes de baixar a Courmayeur (1.190 m), co segundo punto de control con asistencia. Ascende de novo até o Refuxio Bertone (1.989 m) e Arnuva (1.769 m) antes de alcanzar o seu punto máis alto, o Grand Col Ferret (2.537 m), que tamén marca a fronteira con Suíza. O sendero descende de novo até Praz de Fort (1.151 m) pasando por La Fouly (1.593 m) antes de alcanzar o terceiro punto de control con asistencia, Champex d'en Bas (1391 m). O derradeiro tramo inclúe dous portos de baixa altitude: Bovine (1.987 m) e Les Tseppes (1.932 m), separados por Trient (1.300 m). No descenso a Vallorcine (1.260 m), o sendeiro volve a entrar en Francia e cruza Argentière (1.260 m) antes de finalizar en Chamonix, o seu punto de partida.

Puntos de control Les Houches (7,8 km) Saint-Gervais (21,5 km) Les Contamines (31,2 km; con asistencia) La Balme (39,8 km) Les Chapieux (50,9 km) Lac Combal (70,3 km) Checrouit (77,6 km) Courmayeur (82,6 km; con asistencia) Refuxio Bertone (88,1 km) Arnouvaz (100,9 km) La Fouly (115,6 km) Champex-Lac (129,4 km; con asistencia) Trient (145,9 km; con asistencia) Vallorcine (158 km; con asistencia) La Flégère (169,3 km) Chamonix (176,4 km)

A ruta varía levemente cada ano, algunhas veces por motivos de seguridade ou por climatoloxía.

Resultados Ultra-Trail du Mont-Blanc Ano Distancia Corredores Remataron Campión masculino Tempo Campioa feminina Tempo 2003Resultados 2003153 km 722 67 Dachhiri Dawa Sherpa 20:05:59 Kristin Moehl 29:38:24 2004Resultados 2004155 km 1.383 420 Vincent Delebarre 21:06:18 Colette Borcard 26:08:54 2005Resultados 2005155 km 2.000 773 Christophe Jaquerod 21:11:07 Elizabeth Hawker 26:53:51 2006Resultados 2006158 km 2.535 1.152 Marco Olmo 21:06:06 Karine Herry 25:22:20 2007Resultados 2007163 km 2.319 1.437 Marco Olmo 21:31:58 Nikki Kimball 25:23:45 2008Resultados 2008166 km 2500 1.268 Kílian Jornet 20:56:59 Elizabeth Hawker 25:19:41 2009Resultados 2009166 km 2.500 1.383 Kílian Jornet 21:33:18 Kristin Moehl 24:56:01 2010Resultados 201088 km 2.400 1.127 Jez Bragg 10:30:37 Elizabeth Hawker 11:47:30 2011Resultados 2011170 km 2.361 1.133 Kílian Jornet 20:36:43 Elizabeth Hawker 25:02:00 2012Resultados 2012103 km 2.483 2.122 François D'Haene 10:32:36 Elizabeth Hawker 12:32:13 2013Resultados 2013168 km 2.469 1.686 Xavier Thevenard 20:34:57 Rory Bosio 22:37:26 2014Resultados 2014167 km 2.434 1.582 François D'Haene 20:11:44 Rory Bosio 23:23:20 2015Resultados 2015170 km 2.561 1.631 Xavier Thevenard 21:09:15 Nathalie Mauclair 25:15:33 2016Resultados 2016170 km 2.555 1.468 Ludovic Pommeret 22:00:02 Caroline Chaverot 25:15:40 2017Resultados 2017167 km 2.537 1.687 François D'Haene 19:01:54 Núria Picas 25:46:43 2018Resultados 2018170 km 2.561 1.778 Xavier Thevenard 20:44:16 Francesca Canepa 26:03:482019Resultados 2019170 km 2.543 1.556 Pau Capell 20:19:07 Courtney Dauwalter 24:34:26 2020 cancelado debido á pandemia por coronavirus2021Resultados 2021170 km 2.346 1.521 François D'Haene 20:45:59 Courtney Dauwalter 22:30:54 2022Resultados 2022170 km 2.795 1.789 Kílian Jornet 19:49:30 Katie Schide 23:15:122023Resultados 2023172 km2.6931.757 Jim Walmsley19:37:43 Courtney Dauwalter23:29:142024Resultados 2024176,4 km2.7611.760 Vincent Bouillard19:54:23 Katie Schide22:09:31

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Eventos deportivos Categoría:Deporte en Francia Categoría:Deporte en Suíza Categoría:Deporte en Italia