Victor Edvard Lilienberg, nado en Kristianstad o 7 de abril de 1839 e finado en Estocolmo o 24 de outubro de 1916, foi un enxeñeiro civil e numismático sueco."Lilienberg, Victor Edvard". En Biografisk Uppstagsbok (4). Estocolmo, 1955. Páxina 573.Hildebrand, A. (1905).
Traxectoria
Primeiros anos e formación Victor Edvard Lilienberg naceu en Kristianstad, condado de Escania, o 7 de abril de 1839, o terceiro dos seis fillos de Ingeborg Fredrika Augusta Ljungberg e de Nils Lilienberg."Victor Edvard Lilienberg (1839 - 1916)". Geni.com
Despois de concluír a súa educación secundaria en 1853, Lilienberg comezou os seus estudos superiores na Universidade de Lund, e graduouse na Escola Superior de Artillaría de Marieberg en 1861. Xa como enxeñeiro, no corpo de Construción de Estradas e Augas acadou o rango de tenente en 1864 e posteriormente ascendeu a capitán en 1878 e a comandante en 1897.
Enxeñeiro civil Lilienberg formouse tamén como enxeñeiro na Compañía Estatal de Construción de Ferrocarrís en 1857, e traballou nesta compañía como nivelador nos períodos 1857-1859 e 1861-1863. Logo exerceu como enxeñeiro na liña de conexións ferroviarias que atravesan o centro de Estocolmo (Sammanbindningsbanan) entre 1863 e 1872. Seguidamente foi enxeñeiro de estación na construción da compañía privada sueca de ferrocarrís Bergslagernas Järnvägar entre 1872 e 1875; xefe de construción do porto e da ponte da cidade de Estocolmo entre 1875 e 1905, e enxeñeiro asistente na Xunta Nacional Sueca de Estradas e Obras Hidráulicas, a partir de 1906.
Lilienberg exerceu tamén a docencia como profesor interino de Teoría Xeral da Construción no Instituto Real de Tecnoloxía en Estocolmo, entre 1871 e 1872. Tamén foi enxeñeiro consultor na construción do peirao de Vaxholm en 1887 e realizou inspeccións de estruturas hidráulicas entre 1879 e 1896.
Numismático Paralelamente ao seu labor profesional no ámbito da enxeñaría civil, Lilienberg foi tamén un recoñecido numismático. Foi o conservador encargado da colección de moedas e medallas da Orde dos Carpinteiros de Estocolmo.Gnecchi, F.; Gnecchi, E. (1903). Guida numismatica universale. 4ª ed. U. Hoepli, Milán. Páxinas 455, 458.
Entre 1906 e 1916 exerceu a presidencia da Sociedade Numismática Sueca,"SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se) e a partir dese último ano foi nomeado membro honorario da entidade."SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).
Vida persoal Victor Edvard Lilienberg casou en 1884 con Sophie Augusta Svärdström.
A súa morte produciuse o 24 de outubro de 1916 en Estocolmo, aos 77 anos.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos de Lilienberg máis salientables publicados ao longo da súa traxectoria:
Enxeñaría (1891). Om strömmarna i Stockholm, undersökn:r och beräkn:r ["Sobre as correntes en Estocolmo, investigacións e cálculos"]. (1906). Om Stockholms hamn ["Sobre o porto de Estocolmo"].
Numismática (1905). Minnespenningar öfver enskilda svenska män och kvinnor, 1 ["Moedas conmemorativas de homes e mulleres suecos individuais, 1"] (con B. E. Hyckert). (1910). Den Odelbergska samlingen af idrotts-märken och medaljer: Ett bidrag till svensk medaljförteckning efter år 1889 ["A colección Odelberg de insignias e medallas deportivas: unha contribución ao medalleiro sueco posterior a 1889"].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Hildebrand, A. (1905). "Victor Edvard Lilienberg". En Svenskt porträttgalleri. XVII: Ingeniörer. Estocolmo. Páxina 161. "Lilienberg, Victor Edvard". En Biografisk Uppstagsbok (4). Estocolmo, 1955. Páxina 573.
Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Presidentes da Sociedade Numismática Sueca Categoría:Enxeñeiros de Suecia Categoría:Enxeñeiros civís Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Profesores do Instituto Real de Tecnoloxía Categoría:Personalidades sen imaxes