Melani García Gaspar, nada en l'Eliana (provincia de Valencia) o 10 de xuño de 2007 é unha cantante española, coñecida por ser a gañadora da cuarta tempada de La Voz Kids e por ser a representante de Televisión Española no Festival de Eurovisión Júnior 2019. Neste último, celebrado o 24 de novembro en Gliwice (Polonia), quedou en terceira posición con 212 puntos.
Traxectoria Primeiros anos e La Voz Kids Melani García Gaspar, de ascendencia hispano-arxentina, naceu e reside en l'Eliana, provincia de Valencia. Aos oito anos de idade empezou cantando nun coro local chamado Unió musical de l'Eliana. Estivo a dar clases de canto con Alexia, unha profesora que se atopaba alí, descubriu a ópera grazas a unha das súas profesoras, a cal lle ensinou «Due pupille amabili» de Wolfgang Amadeus Mozart. Ademais de cantar, García Gaspar toca o violín e está a aprender a tocar o piano. Por outra banda, domina o inglés e ademais é ximnasta.
En 2018 presentouse a La Voz Kids onde, ao longo das diferentes galas, cantou en estilo lírico. Para a final, seleccionou a aria "Nessun dorma" da ópera Turandot de Giacomo Puccini, converténdose así na gañadora do equipo de Melendi. En 2025 está a estudar segundo de bacharelato e as probas de acceso á universidade. O seu soño é representar España no Festival de Eurovisión. Eurovisión Junior 2019 O 24 de xullo de 2019, durante o programa A partir de hoy de Màxim Huerta, anunciouse a Melani García como a representante de España no Festival de Eurovisión Júnior 2019, decatándose a moza deste feito en pleno directo. España regresaba así ao festival júnior tras trece anos de ausencia. Tras catro participacións (2003-2006), esta era a primeira vez que o representante se elixía de forma interna.
O 20 de setembro de 2019 coñeceuse a canción coa que Melani representaría a España, «Marte», tema composto e producido por Pablo Mora e Manu Chalud, no que a propia Melani colaborara. A canción, que trata sobre o problema dos plásticos nos océanos, incorpora o pop pero mantén unha parte lírica, sendo ese o xénero co cal se deu a coñecer.
Melani acudiu ao festival con catro coristas: Edurne Rodríguez, Yara Dez, Violeta Leal e María Mihali. A escenografía foi a cargo de Santiago Junegos. Finalmente, quedou no terceiro posto cun total de 212 puntos.
Outros proxectos En febreiro de 2025 confirmouse a súa participación como concursante da duodécima tempada do programa Tu cara me suena de Antena 3.Confirmados todos los concursantes de ‘Tu Cara Me Suena’: de Gisela a Goyo Jiménez cadena100.es, 14 de febreiro de 2025
Notas
Véxase tamén Festival de Eurovisión Júnior 2019
Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Nados en 2007 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Cantantes de España