Ignacio "Nacho" Méndez-Navia Fernández, nado en Luanco o 30 de marzo de 1998, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Sporting de Gijón, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Roces e do Sporting de Xixón, no que ingresou en 2010. Subiu polas diferentes categorías inferiores do club e o 21 de agosto de 2016 debutou co Sporting B na Terceira División, nunha goleada por 7-0 na casa sobre o Ceares.
O 27 de agosto de 2017 xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo do Sporting na Segunda División, nunha vitoria por 2-0 na casa contra o Lugo. No verán de 2018 subiu definitivamente ao primeiro equipo.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Asturias Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón