Metsovo (en ; en ) é unha vila da periferia de Epiro, nas montañas Pindos, no norte de Grecia, entre Ioannina ao oeste e Meteora ao leste. Segundo datos de 2021 tiña unha poboación de 2 337 habitantes, mentres que no conxunto do concello contaba con 5 432.

Metsovo é o meirande centro da vida arromanesa (valaca) en Grecia. É un gran centro rexional para varias pequenas aldeas e asentamentos na rexión do Pindos, e conta con moitas tendas, escolas, oficinas, servizos, museos e galerías. A economía de Metsovo está dominada pola agricultura e o turismo, este último florecendo no inverno.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Localidades de Grecia