As Canadiennes de Montréal, anteriormente chamadas Stars de Montréal, foron un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Montreal, na provincia Québec, Canadá. Fundado en 2007 como Stars de Montréal, o equipo xogaba os seus partidos como local no Centre Étienne-Desmarteau de Montreal e debutou na Canadian Women's Hockey League (CWHL) cando esta se creou en 2007. O equipo gañou catro veces os play-offs da CWHL, gañando así a Clarkson Cup en 2009, 2011, 2012 e 2017.

En 2015, as Canadiennes convertéronse nun equipo afiliado dos Montreal Canadiens da National Hockey League, e a franquía proporcionou recursos e apoio de mercadotecnia ao equipo como parte dos seus esforzos para axudar a promover o hóckey sobre xeo feminino. Esta afiliación tamén impulsou a súa renovación de marca como Les Canadiennes para a tempada 2015–16 da CWHL, adoptando as coress e camisolas similares ás do equipo masculino . En decembro de 2015, as Canadiennes e as Boston Pride xogaron o primeiro partido ao aire libre do hóckey sobre xeo profesional feminino como parte do NHL Winter Cassic 2016 en Foxborough, Massachusetts (Estados Unidos).

En 2019, a CWHL cesou as súas actividades, que incluían os partidos dos distintos equipos da liga, entre eles as Canadiennes.

Historia

Inicios miniatura|esquerda|Kim St-Pierre (na imaxe coa selección do Canadá) foi nomeada mellor porteira da CWHL na tempada 2007-08. A historia do equipo feminino de Montreal comezou en 1998 coa creación do Wingstar de Montreal. Cinco anos máis tarde, en 2003, o nome do club mudou a Montreal Axion e pasou a competir na National Women's Hockey League (tamén coñecida polas súas siglas en inglés, NWHL). Na tempada 2005-06 o equipo conseguiu. o campionato da NWHL logo de derrotar as xogadoras do Brampton Thunder, 1-0. Ao final da tempada 2006-2007, as Axion gañaron o campionato da división Leste da NWL. Ante as dificultades económicas, NWHL cesou as súas actividades no verán de 2007..

No outono de 2007, a futura capitá das Stars Lisa-Marie Breton-Lebreux participou na creación dunha nova liga: a Canadian Women's Hockey League (tamén coñecida polas súas siglas CWHL). As Axion ingresaron na liga na tempada inaugural, a 2007-08, e mudaron o seu nome a Stars de Montréal. Ao final desta primeira edición, o equipo clasificouse primeiro da división Leste, así como de toda a CWHL grazas especialmente a Kim St-Pierre. que foi nomeada mellor porteira da competición. Ao mesmo tempo, Marie-Philip Poulin foi a mellor rookie da tempada; ela formou parte xunto coas súas compañeiras de equipo Katie Weatherston e Leslie Oles do equipo All-Rookie, integrado polas mellores debutantes da tempada. St-Pierre, Déry, Weatherston, Oles e Poulin foron elixidas igualmente para o equipo das estrelas da división Leste.

As Stars clasificáronse para a segunda rolda dos play-offs de xeito directo logo de ser o mellor equipo da liga regular, mais as dee Montreal se viron sorprendidas no primeiro partido contra as Mississauga Chiefs, que se impuxeron por 4-3. Os dous equipos se enfrontaron de novo o día seguinte no segundo partido da serie, no que as Stars gañaron por 4-0. A clasificación decidíase polo número de vitorias, polo que se realizou unha quenda de shootouts para determinar o gañador, que se acabou decantando a favor das Chiefs, que accederon á súa primeira final do campionato.

A primeira Clarkson Cup miniatura|Caroline Ouellette gañou o premio á mellor anotadora de liga nos meses de novembro e decembro de 2008, igualando o récord da liga de 19 puntos en seis partidos. Ao final da tempada 2008-09, as xogadoras das Stars ocupaban o primeiro posto da clasificación a pesar de que a liga contaba cunha única división; con 24 vitorias en 28 partidos, as Stars superaron en 10 puntos ás Brampton Thunder. Ao final da liga regular, os catro primeiros equipos da CWHL enfrontáronse dous contra dous nunha serie de partidos de ida e volta; así, Montrealxogou e gañou a súa serie contra as Burlington Barracudas por 6-1 e 1-3.

O torneo da Clarkson Cup de 2009 disputouse en Kingston, na provincia de Ontario, o 19 de marzo de 2009. Esta foi a primeira vez que a copa se disputou entre os mellores equipos da CWHL e a Western Women's Hockey League (WWHL). O Brampton Thunder foi o outro equipo da CWHL qe xogou coas Stars o torneo final da Clarkson Cup. A WWHL estivo representada por dous equipos, as Minnesota Whitecaps e as Calgary Oval X-Treme. A pesar da derrota por 4-3 no partido inaugural do torneo contra o equipo de Minnesota, as Stars foron finalmente as que conseguiron a primeira Clarkson Cup, presentada persoalmente por Adrienne Clarkson. No partido final, as Montreal Stars derrotaron ás Whitecaps por 3 a 1. Shauna Denis marcou o primeiro gol do partido para Montreal antes de que Angela Ruggiero respondera para Minnesota; Sabrina Harbec, a novata do ano na liga, marcou o gol da vitoria, poñendo o 2-1 no marcador antes do final do segundo terzo. Caroline Ouellette, recentemente chegada ao equipo a principios da tempada, marcou o terceiro gol das Stars a pase de Poulin. Tres xogadoras das Stars posteriormente nomeadass para os equipos das estrelas da liga: Caroline Ouellette, Kim St-Pierre e Sabrina Harbec.

Durante esta tempada, Ouellette foi nomeada mellor xogadora da tempada e tamén a mellor asistente da liga regular con 33 asistencias; con 59 puntos, foi a segunda máxima puntuadora do anno por detrás de Jayna Hefford. Na portería, Kim St-Pierre foi nomeada unha vez máis mellor porteira da CWHL e formo parte do equipo das estrelas da tempada.

Tempada 2009-10 Na tempada seguinte, as Stars remataron unha vez máis á fronte da clasificación con 23 vitorias en 30 partidos, cinco derrotas e dous empates; Sabrina Harbec finalizou na primeira posición da táboa de puntuadoras con 55&bnsp;puntos en 29 partidos, e tamén liderou a liga en número de asistencias con 40. Noémie Marin liderou a liga en goles con 25. Harbec foi nomeada mellor xogadora da liga regular e Annie Guay a mellor defensa.

As Montréal Stars, como mellor equipo da tempada na CWHL, clasificáronse de xeito directo para disputar a Clarkson Cup 2010, mais caeron nas semifinais contra as xogadoras do Brampton por 3-2.

A segunda Clarkson Cup miniatura|A Clarkson Cup nas mans de Caroline Ouellette. miniatura|esquerda|250px|Os dous partidos da serie eliminatoria entre Brampton e Montréal celebráronse no McConnell Arena da Universidade McGill. Na tempada 2010-11 as Stars terminaron a liga regular con dúas vitorias fronte as Boston Blades, consolidando a súa primeira posición na clasificación cun rexistro de 22 vitorias e catro derrotas. Seis das dez mellores anotadoras da liga foron das Stars.

Nas series eliminatorias, Montreal gañou os seus dous partidos contra as Brampton Thunder e conseguiu o campionato da CWHL de 2011. O equipo trasladouse a Barrie os días 24 e 27 de marzo de 2011 para disputar o campionato da Clarkson Cup. O torneo enfrontou os tres mellores equipos da tempada da CWHL e un equipo estadounidense, as Minnesota Whitecaps, campioas da tempada 2010-11 na Western Women's Hockey League (WWHL). As Stars gañaron o seu primeiro partido do torneo por 5-1 fronte as Whitecaps; no segundo partido, Sarah Vaillancourt marcou tres goles para levar a Montreal á vitoria por 7-4 fronte ás Brampton Thunder. O 26 de marzo, na terceira xornada do torneo, as Stars conseguiron unha vitoria crucial por 2-1 fronte as Toronto Furies, que asegurou ás Stars a cualificación para a final da Clarkson Cup. O 27 de marzo de 2011, na final, as Stars alzaron a súa segunda Clarkson Cup logo de derrotar as Toronto Furies por 5-0. A filla da antiga gobernadora xeral do Canadá Adrienne Clarkson, Kyra Clarkson, etivo presente para entregar a copa á capitá das Stars, Lisa-Marie Breton-Lebreux. A porteira Kim St-Pierre logrou un shutout e Dominique Thibault foi nomeada xogadora do partido. Sarah Vaillancourt foi elixida MVP das series eliminatorias da liga. De regreso en Montreal, as Stars foron homenaxeadas na casa do concello de Montreal e na Asemblea Nacional de Quebec.

Tempada 2011-12: a terceira Clarkson Cup miniatura|esquerda|Durante a tempada 2011-12, es Stars tiveron o mellor ataque de toda a liga. Vixentes campioas da liga regular, as Montreal Stars dominaron a tempada da Canadian Women's Hockey League: o equipo rematou con 22 vitorias, catro derrotas e un empate. Cinco xogadoras do equipo estiveron entre as dez mellores puntuadoras da liga. Aínda que Caroline Ouellette seguiu a ser a líder do equipo, nesa tempada puido contar coa achega ofensiva da xove Meghan Agosta, e etableceu un novo récord individual de 80 puntos (41 goles e 39 asistencias), nunha tempada. En defensa, a presenza de Catherine Ward, unha antiga xogadora das McGill Martlets foi notable. Ward posiconouse como a mellor defensora da liga con 31 puntos. As Stars seguiron sendo as favoritas a gañar a Clarkson Cup. O torneo celebrouse en Niagara Falls do 22 ao 25 de marzo.

No primeiro partido do torneo da Clarkson Cup, o 22 de marzo, as Stars gañaron con contundencia ás Toronto Furies por 7-0. Sabrina Harbec abriu o marcador co primeiro gol do partido ao principio do segundo período. Meghan Agosta seguiulle con dous goles conecutivos. No terceiro período, Caroline Ouellette anotou dúas veces, mentres que Julie Chu e Emmanuelle Blais completaron a goleada das Stars.

No segundo partido das Stars, o 23 de marzo, as Brampton Thunder ofreceron resistencia física. Caroline Ouellette e Meghan Agosta marcaron no primeiro período. O segundo terzo foi difícil e Bianca Della Porta recibiu unha sanción dee cinco minutos por xogo brusco. As Stars tiveron que defender cha xogadora menos, mais Jenny Lavigne confirmou ser unha porteira de garantías nestas situacións. No terceiro período, Brampton tivo ocasións para anotar, mais Lavigne realizou varias paradas espectaculares.. As Stars gañaron 2-0.

No terceiro partido, o 24 de marzo, as Stars enfrontáronse ás Boston Blades. Unha nova porteira suplente, Ann-Renée Desbiens, xogou na portería das Montreal Stars en substitución de Jenny Lavigne, para darlle descanso. Dende o principio do partido, as Stars exerceron moita presión sobre as Blades, mais Kelli Stack e Gigi Marvin das Blades anotaron. Dominique Thibault desviou un tiro defensivo durante unha xogada de power-play das Stars e Montreal iniciou a súa conta no marcador. No segundo período, a porteira estadounidense Molly Schaus brillou, mais as Stars lograron empatar cun gol da defensa Catherine Ward. No inicio do terceiro período, Caroline Ouellette subiu o disco, e na zona das Blades deulle un pase a Sabrina Harbec, que bateu á porteira Molly Schaus cun tiro de revés. O marcador quedou igualado 3-3. Nun momento de confusión na zona das Blades, Meghan Agosta marcou o 4-3 para Montreal. Mais a un minuto do final do tempo regulamentario, Erika Lawler, a capitá das Boston Blades, anotou a réplica. O tempo regulamentario finalizou cun marcador de 4-4. Transcorridos uns minutos da prórroga Caroline Ouellette anotou cun potente e preciso disparo logo dun pase rápido de Carly Hill. As Montreal Stars gañaron o partido por 5-4 e clasificáronse para a final da Clarkson Cup.

Na final, disputada o domingo 25 de marzo, as Montreal Stars anotaron tres goles sen resposta no segundo período para gañar por 4-2 ás Brampton Thunder e gañar así a Clarkson Cup. Alyssa Cecere, Caroline Ouellette, Vanessa Davidson e Emmanuelle Blais superaron á porteira de, Liz Knox, e marcaron un gol cada unha. Polas Stars, a porteira Jenny Lavigne estivo na portería e axudou ás Stars a controlar ás súas opoñente en sete situacións de inferioridade. Só Courtney Birchard e Cherie Piper puideron superar ás xogadoras de Montreal no terceiro período.

Á volta do torneo, as Stars foron ovacionadas no xeo do Centre Bell durante un partido dos Montreal Canadiens o 4 de abril de 2012, e foron elixidas Personnalités de la semaine (en galego Personalidades da semana) polo diario La Presse.