The Black Phone é un filme estadounidense de terror sobrenatural de 2021 dirixido por Scott Derrickson a partir dun guión creado por el xunto con C. Robert Cargill. Está protagonizado por Mason Thames como Finney, un adolescente secuestrado por un asasino en serie de nenos coñecido coloquialmente como The Grabber (Ethan Hawke). Cando Finney atopa un teléfono negro en catividade co cal fala coas pantasmas das vítimas de The Grabber, úsao para artellar a súa fuxida. Madeleine McGraw, Jeremy Davies e James Ransone compoñen o resto do elenco principal. Derrickson e Cargill produciron The Black Phone en asociación con Blumhouse Productions de Jason Blum. Universal Pictures supervisou a distribución comercial do filme, e o financiamento obtívose a través dun pacto de coprodución Universal-Blumhouse e de subvencións fiscais do goberno do estado de Carolina do Norte.
Personaxes Mason Thames como Finney Madeleine McGraw como Gwen Ethan Hawke como The Grabber Jeremy Davies como Terrence E. Roger Mitchell como Detective Wright Troy Rudeseal como Detective Miller James Ransone como Max Miguel Cazarez Mora como Robin
Notas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Scott Derrickson Categoría:Filmes producidos por Jason Blum Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes de Blumhouse Productions