We'wha, nada 1849 e finada en 1896, foi unha lhamana do pobo zuni, unha notable tecedora e oleira. Considerada como a lhamana máis famosa rexistrada, We'wha serviu como embaixadora cultural dos nativos americanos en xeral, e dos zunis en particular, servindo como punto de contacto e educadora para moitos colonos, profesores, soldados, misioneiros e antropólogos europeos-americanos. A familia adoptiva de We'wha foi unha das máis ricas e influentes da cultura zuni, colocando a We'wha nunha posición privilexiada para afirmar a súa importancia cerimonial como lhamana. En 1886, We'wha formou parte da delegación zuni en Washington, D.C.; durante esa visita, We'wha coñeceu ao presidente Grover Cleveland.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Reimpreso en 2010:

Outros artigos Lhamana

Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Pobo zuni Categoría:Dous espíritos Categoría:Persoas non binarias