Julieta Paredes Carvajal, nada na Paz en 1967, é unha poeta, cantautora, escritora, grafiteira e activista feminista descolonial aimará boliviana.

Traxectoria Paredes fundou o movemento Mujeres Creando en 1992, coa súa entón compañeira María Galindo e Mónica Mendoza. A relación con Galindo rematou en 1998 e, en 2002, a organización separouse. En 2003 puxo en marcha a iniciativa Mulleres creando comunidade «porque o feminismo autónomo e anarquista xa non era suficiente», explicou en 2008.

Julieta Paredes Carvajal é a autora do libro *Hilando fino desde el feminismo comunitaria* (2008), no que explora nocións como a igualdade entre mulleres e homes no contexto da cultura indíxena, a súa postura con respecto ao feminismo occidental, o colonialismo e o neoliberalismo, e o papel do corpo e a sexualidade na liberación das mulleres. Ela defínese a si mesma como unha feminista lesbiana aimará.

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados na Paz Categoría:Anarcofeministas Categoría:Feministas de Bolivia Categoría:Activistas LGBT de Bolivia