Sverd i fjell (traducible ao galego como Espadas na rocha) é un monumento conmemorativo que se atopa no barrio de Hafrsfjord de Madla, un concello da cidade de Stavanger, no condado de Rogaland, en Noruega.
Historia O monumento foi creado polo escultor Fritz Røed de Bryne e foi inaugurado polo rei Olavo V de Noruega en 1983. As tres espadas de bronce teñen de altura e están plantadas na rocha dun pequeno outeiro ao carón do fiorde. Conmemoran a histórica batalla de Hafrsfjord que tivo lugar alí no ano 872, cando o rei Harald Fairhair reuniu toda Noruega baixo unha soa coroa. A espada máis grande representa ao vitorioso Harald, e as dúas espadas máis pequenas representan aos pequenos reis derrotados. O monumento tamén representa a paz, xa que as espadas están plantadas nunha rocha sólida, polo que nunca se poden quitar.
Gallery
Notas
Categoría:Monumentos de Noruega