Radio Galicia Cadena SER (fundada como EAJ-4 Unión Radio Galicia, en xaneiro de 1933 en Santiago de Compostela), en ocasións chamada tamén simplemente SER Galicia, é a decana das emisoras radiofónicas en Galicia. Forma parte da extensa rede de emisoras da Cadena SER, erixíndose como unha das súas dezasete cabeceiras rexionais. É, ademais, a emisora local da SER en Compostela.

Frecuencias Dende os estudios de Radio Galicia, situados no 1ºA do edificio número 3 da rúa San Pedro de Mezonzo da capital galega, emiten as súas programacións as diferentes emisoras do Grupo PRISA en Galicia nas seguintes frecuencias: +Frecuencias das emisoras do Grupo Prisa Galicia en SantiagoEmisoraÁrea de influenciaFrecuenciaRadio Galicia - SER<ref></ref>Santiago e comarca<center>102.1 FM873 OMNoia<center>95.2 FMArzúa<center>95.4 FM<center>LOS40 Santiago <center>-<center>90.6 FM<center>LOS40 Classic <center>-<center>90.2 FM<center>Cadena Dial Santiago <center>-<center>97.5 FM

Audiencia Atendendo aos datos da terceira onda do Estudo Xeral de Medios do ano 2025, a Cadena SER consolidouse en Galicia —seguindo a tónica do conxunto do Estado español— como a emisora máis escoitada no territorio galego, conseguindo 22.000 oíntes máis que a suma de COPE e Onda Cero xuntas, e triplicando a audiencia da Radio Galega. +Resultados de Radio Galicia no EXM dos últimos anosAnoOnda EXMDato GaliciaDato Santiago20253ª onda EXM315.000 oíntes<center>32.000 oíntes2ª onda EXM331.000 oíntes<center>34.000 oíntes1ª onda EXM333.000 oíntes<center>41.000 oíntes20243ª onda EXM336.000 oíntes<center>40.000 oíntes2ª onda EXM340.000 oíntes<center>36.000 oíntes1ª onda EXM344.000 oíntes<center> -20233ª onda EXM329.000 oíntes<center>37.000 oíntes2ª onda EXM304.000 oíntes<center> 38.000 oíntes1ª onda EXM301.000 oíntes<center>38.000 oíntes

Distincións Acadou varios Premios Ondas: 1988: Premio Ondas Nacional de Radio, pola cobertura informativa do accidente do cargueiro Casón. 2003: Premio Ondas Nacional de Radio ao mellor programa especial ou mellor cobertura dun acontecimiento nacional ou internacional (aos servizos informativos da SER, con especial referencia á súa redacción en Galicia, pola cobertura da catástrofe ecolóxica derivada do accidente do Prestige). 2013: Premio Ondas Nacional de Radio ao mellor tratamento informativo pola cobertura informativa do accidente ferroviario de Angrois.

Notas

Categoría:Emisoras de radio de Galicia Categoría:Medios de comunicación de Santiago de Compostela