Walter Zapp, nado en Riga, Imperio Ruso, o 22 de agosto de 1905, e finado en Binningen, Suíza, o 17 de xullo de 2003, foi un inventor alemán do Báltico. A súa creación máis coñecida foi a cámara subminiatura Minox. Ao longo da súa vida, atribuíronselle máis de 60 patentes.

Traxectoria dereita|miniatura|Cámara Minox Riga fabricada por VEF. dereita|miniatura|Edición limitada da cámara Minox CLX, coa sinatura de Walter Zapp. Zapp naceu en Riga, na Gobernación de Livonia, actual Letonia, fillo de nai alemá do Báltico e pai británico. En 1932, mentres residía en Estonia, comezou a desenvolver a daquela innovadora cámara subminiatura, primeiro creando modelos de madeira, o que o levou a construír o primeiro prototipo en 1936. A cámara foi lanzada ao mercado en 1938. As cámaras Minox foron fabricadas por VEF, Valsts Elektrotehniskā Fabrika, en Letonia, que chegou a producir 17 000 unidades.

Durante a relocalización dos alemáns do Báltico na primavera de 1941, Zapp trasladouse a Alemaña. Entre 1941 e 1945 traballou no desenvolvemento da microscopía electrónica en AEG, en Berlín. Trala segunda guerra mundial, en 1945, fundou a empresa Minox GmbH en Wetzlar, Alemaña, a cal segue existindo até hoxe.

En 2001, durante a súa última visita a Letonia, declarou que fora celebrar alí o seu centésimo aniversario. Faleceu aos 97 anos en Binningen, preto de Basilea, Suíza.

Patentes O deseño innovador e as solucións técnicas da cámara de Zapp foron patentados en todo o mundo. VEF obtivo 66 patentes en 18 países grazas ás invencións de Zapp. Na década de 1960, Zapp foi mencionado como inventor en varias patentes concedidas a Minox GmbH por melloras e modificacións en cámaras subminiatura. A comezos da década de 1990, Zapp patentou a súa derradeira invención: o telescopio de peto Minox T8.

Premios e honras En 2001, Walter Zapp recibiu un doctoramento honoris causa da Academia de Ciencias de Letonia e foi condecorado coa Orde da Cruz de Terra Mariana en recoñecemento polos seus servizos á República de Estonia. En 1994, Eesti Post emitiu un selo postal da serie Europa en conmemoración de Walter Zapp e o seu invento patentado, patente estoniana n.º 2628, a cámara subminiatura Minox.

Notas

Categoría:Nados en Riga Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Inventores