Jens-Frederik Nielsen, nado o 22 de xuño de 1991, é un político e xogador de bádminton groenlandés. Dende o 28 de marzo de 2025 é o oitavo primeiro ministro de Groenlandia. É o líder do partido Demokraatit, e anteriormente serviu como Ministro de Traballo e Recursos Minerais durante o VII goberno de Kim Kielsen, dende 2020 a 2021. Nielsen é o primeiro membro do partido Demokraatit en ocupar o cargo de primeiro ministro.
Traxectoria Nielsen naceu e criouse a Groenlandia. A súa cidade natal é Nuuk. Obtivo unha licenciatura en ciencias sociais pola Universidade de Groenlandia.
En 2020, Nielsen foi elixido para suceder a Niels Thomsen á fronte do partido Demokraatit. Foi reelixido para o posto en marzo de 2024.
En maio de 2020, Nielsen foi nomeado Ministro de Traballo e Recursos Minerais como parte do VII goberno de Kim Kielsen.
Nos Xogos das Illas de 2023, Nielsen gañou o campionato de bádminton individual masculino.
Durante as eleccións xerais de Groenlandia de 2025, Nielsen recibiu 4.850 votos persoas, superando ao daquela primeiro ministro de Groenlandia Múte Bourup Egede, que recibiu 3.276.
Visión política En resposta á invasión rusa de Ucraína de 2022, Nielsen instou a Polar Seafood a deter as súas operacións rusas, facendo fincapé na necesidade de facer presión a Rusia e restaurar a paz en Europa.
En marzo de 2025, Nielsen condenou as ameazas do presidente dos Estados Unidos Donald Trump de invadir Groenlandia. Nielsen dixo que Trump "non conseguirá" Groenlandia.
Nielsen avoga por reducir a dependencia da subvención global de Dinamarca priorizando o desenvolvemento empresarial e a autosuficiencia económica en Groenlandia.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Alumnos da Universidade de Groenlandia Categoría:Deputados do Parlamento de Groenlandia Categoría:Ministros de Groenlandia Categoría:Primeiros ministros de Groenlandia Categoría:Groenlandeses de ascendencia dinamarquesa