Sorda é un filme español de 2025 escrito e dirixido por Eva Libertad, continuación da curtametraxe homónima nomeada aos Premios Goya 2023, dirixido por Eva Libertad e Nuria Muñoz Ortín. Esta longametraxe está protagonizada pola actriz xorda Miriam Garlo, irmá da directora, xunto a Álvaro Cervantes, Elena Irureta e Joaquín Notario. Trata de Ángela, unha muller xorda, que espera un fillo coa súa parella oínte, Héctor. Aborda así a maternidade desde a xordeira.
A película seleccionada en Panorama 2025 estreouse na 75 edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín o 15 de febreiro de 2025, onde obtivo o Premio do Público Panorama á Mellor Longametraxe. Posteriormente, gañou a Biznaga de Ouro á Mellor Película Española e convértese na principal gañadora do Festival de Málaga 2025, sumando tamén o Premio do Público e os de Mellor Actriz e Mellor Actor (ex aequo) para Miriam Garlo e Álvaro Cervantes, os seus protagonistas. Na edición dos Premios Goya 2026 recibiu tres galardóns: o de mellor dirección novel, mellor actriz revelación e mellor actor secundario.
Personaxes Miriam Garlo como Ángela Álvaro Cervantes como Héctor Elena Irureta como Elvira Joaquín Notario como Fede
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre xordos