C4A é un xene que nos humanos codifica a forma ácida do factor 4 do complemento ou compoñente do complemento 4A ou complemento C4A (grupo sanguíneo Rodgers) ou complemento C4-A.

Función Este xene humano está situado no cromosoma 6 e codifica a forma ácida da proteína do complemento C4, que forma parte da vía clásica de activación do complemento. Esta proteína exprésase como unha soa cadea precursora que, antes da súa secreción, é cortada proteoliticamente formando tres cadeas (alfa, beta e gamma) que orixinan un trímero. O trímero proporciona unha superficie para a interacción entre o complexo antíxeno-anticorpo e outros compoñentes do complemento. A cadea alfa pode ser clivada para liberar a anafilotoxina C4, un mediador local da inflamación. A deficiencia nesta proteína está asociada co lupus eritematoso sistémico e a diabetes mellitus tipo I. O exceso de produción debido a ter un número de copias maior do normal orixina unha alta probabilidade de causar esquizofrenia e trastorno bipolar con psicose, o que podería explicar a natureza hereditaria destas doenzas. Este xene localízase no locus RCCX dentro da rexión do complexo de histocompatibilidade (MHC) de clase III do cromosoma 6. Existen varios haplotipos deste cluster de xenes, de maneira que as persoas poden ter 1, 2 ou 3 copias deste xene. Cada copia do xene, debido a cinco substitucións de nucleótidos adxacentes causa catro cambios de aminoácidos na proteína e subfuncionalización inmunolóxica, pode ser dun dos seguintes dous tipos: C4A e C4B. Cada un dos xenes contén 41 exóns e pode variar en tamaño entre aproximadamente 22 kb e 16 kb, e a variante máis longa é o resultado da integración do retrovirus endóxeno HERV-K(C4) no intrón 9.

Diferenza con C4B C4 está codificado en dous loci diferfentes posibles: C4A e C4B. Yu et al. (1986) demostraron que as proteínas codificadas por ambos difiren só en 4 aminoácidos situados nas posicións 1101 a 1106. Nesa rexión C4A ten a secuencia PCPVLD, mentres que C4B ten a secuencia LSPVIH.Yu, C. Y., Belt, K. T., Giles, C. M., Campbell, R. D., Porter, R. R. Structural basis of the polymorphism of human complement components C4A and C4B: gene size, reactivity and antigenicity. EMBO J. 5: 2873-2881, 1986.[PubMed: 2431902]

Notas

Véxase tamén Outros artigos Compoñente do complemento 4 C4B

Bibliografía

Ligazóns externa

Categoría:Sistema do complemento Categoría:Hematoloxía