Margaret Alice Murray, nada en Calcuta (India) o 13 de xullo de 1863 e finada en Welvyn (Reino Unido) o 13 de novembro de 1963, foi unha exiptóloga, arqueóloga, antropóloga, historiadora e folclorista anglo-india. Foi a primeira muller en ser nomeada profesora universitaria en arqueoloxía no Reino Unido. Traballou no University College London (UCL) de 1898 a 1935. Presidiu a Folklore Society de 1953 a 1955 e publicou numerosos traballos ao longo da súa traxectoria académica e profesional.
Nada nunha familia rica de clase media inglesa en Calcuta, na India británica, Murray dividiu a súa xuventude entre a India, Gran Bretaña e Alemaña, e formouse en enfermaría e traballo social. Tras mudarse a Londres, en 1894 comezou estudos de exiptoloxía na UCL. Alí trabou amizade co xefe do departamento, Flinders Petrie, quen a animou a publicar os seus primeiros traballos académicos e nomeouna profesora universitaria en 1898. Entre 1902 e 1903 participou con Petrie nas escavacións en Abidos, (Exipto). Alí descubriron o templo de Osireion e durante a tempada seguinte investigaron o cemiterio de Saqqara. Ambos traballos asentaron a súa reputación na exiptoloxía.
Para complementar o seu soldo como conferenciante da UCL no Museo Británico e no Museo de Manchester, contra finais de 1908 liderou o desenvolvemento de Khnum-nakht, un das momias que se recuperaron da Tumba dos Dous Irmáns. Foi a primeira vez que unha muller desenvolveu unha momia en público. Murray recoñeceu que a exiptomanía británica reflectía un interese público xeneralizado no Antigo Exipto, e escribiu varios libros sobre exiptoloxía destinados ao público xeral.
Murray tamén estivo implicada de xeito intenso na primeira onda do feminismo. Formou parte da Unión Social e Política das Mulleres e dedicouse a mellorar a situación das mulleres na UCL. Ao non poder regresar a Exipto por mor da Primeira Guerra Mundial, centrou a súa investigación na hipótese do culto das meigas. Esta teoría defendía que os xuízos por bruxería na Idade Moderna eran unha tentativa de extinguir un culto pagán pre-cristián que adoraba unDeus hastado. Malia ser posteriormente refutada, a teoría logrou atención xeral e supuxo unha influencia significativa no novo movemento relixioso da Wicca.
Entre 1921 e 1931 realizou escavacións de xacementos prehistóricos en Malta e Menorca e desenvolveu o seu interese nos estudos do folclore. Foi nomeada doutora honoris causa en 1927 e profesora auxiliar en 1928, e en 1935 xubilouse da UCL. Ese ano visitou a Franxa de Gaza para colaborar na escavación de Tell al-Ajjul, dirixida por Petrie, e en 1937 dirixiu unha pequena escavación en Petra (Xordania). Nos seus últimos anos presidiu a Folklore Society, pronunciou conferencias en institucións como a Universidade de Cambridge e o City Lit e continuou a publicar até a súa morte.
Os traballos de Murray sobre exiptoloxía e arqueoloxía foron amplamente aclamados e valéronlle o alcume de «A Gran Dama da Exiptoloxía». Porén, após a súa morte moitas das súas contribucións a este eido foron eclipsadas polas de Petrie. Por contra, os seus traballos en estudos de folclore e na historia da bruxaría foron desacreditados e os seus métodos nestas áreas fortemente criticados. A influencia da súa teoría do culto ás bruxas tanto na relixión como na literatura foi estudada en numerosas ocasións, e ela foi alcumada como a «Avoa da Wicca».
Obras Ano de publicaciónTítuloCo-autoresEditora1903Guide to the Collection of Egyptian Antiquities—Edinburgh Museum of Science and Art (Edimburgo)1904—Egyptian Research Account (Londres)1905Saqqara Mastabas. Part I; Part II.With chapters by Kurt SetheBernard Quaritch (Londres)1905Saqqara Mastabas Part I and GurobGurob by L. LoatEgyptian Research Account (Londres)1905Elementary Egyptian Grammar—University College Press (Londres)1908Index of Names and Titles of the Old Kingdom—British School of Archaeology in Egypt (Londres)1910—Sheratt & Hughes (Manchester)1911Elementary Coptic (Sahidic) Grammar (2ª ed. 1927)—University College Press (Londres)1913Ancient Egyptian Legends—John Murray (Londres); The Wisdom of the East Series1921—Oxford University Press (Oxford)1923Excavations in Malta, Part I—Bernard Quaritch (Londres)1925Excavations in Malta, Part II—Bernard Quaritch (Londres)1929Excavations in Malta, Part III—Bernard Quaritch (Londres)1930Egyptian Sculpture—Duckworth (Londres)1931Egyptian Temples—Sampson Low, Marston & Co. (Londres)1931 (ed.1960)—Faber & Faber (Londres)1932Maltese Folk-TalesEmpire Press (Malta)1933Bernard Quaritch (Londres)1934Cambridge Excavations in Minorca, Sa Torreta—Bernard Quaritch (Londres)1934Corpus of the Bronze-Age Pottery of Malta and Themosticles ZammitBernard Quaritch (Londres)1937Saqqara Mastabas Part II—Egyptian Research Account (Londres)1938Cambridge Excavations in Minorca, Trapucó—Bernard Quaritch (Londres)1939Petra, the Rock City of Edom—Blackie1940British School of Archaeology in Egypt and Bernard Quaritch1949Ancient Egyptian Religious Poetry—John Murray (Londres)1949—Philosophical Library (Londres)1954—Faber & Faber (Londres)1963My First Hundred Years—William Kimber & Co. (Londres)1963—Kegan Paul (Londres)
Bibliografía
Categoría:Profesores do University College London Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Antropólogos do Reino Unido Categoría:Finados en 1963 Categoría:Nados en 1863